Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 3/P.O.L. 2000 Baralla. Mellora depuradora de augas e conducción desde esta ós depósitos xerais de Baralla10.000.0005 mesesNon se esixe

Nº 12/P.O.L. 2000 Chantada. Encanamento baixada depósito e substitución encanamento en Alférez Baanante e impermeabilización do depósito de auga10.697.1236 mesesNon se esixe

Nº 18/P.O.L. 2000 Mondoñedo. Abastecemento de auga a Soutoxuane-Ferreiría, A Beira do Río10.720.0006 mesesNon se esixe

Nº 121/P.O.L. 2000 Taboada. Taboada-Adá-C.C. 533, rexeneración10.000.0003 mesesNon se esixe

Conservación anual de vías provinciais na zona de Carballedo-Chantada e Taboada41.100.0001 anoGrupo G, subgrupo 6, categoría c

Conservación anual de vías provinciais nos concellos de Cervo, Burela, Foz, O Valadouro e Alfoz37.440.8291 anoGrupo G, subgrupo 6, categoría c

Características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías:

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: a que se cita no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ós proxectos aprobados de conservación anual; no resto das obras poderase rebaixa-lo prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 13 de xuño de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo