Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

PRIMEIRA relación de obras de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provinvial de Ourense, Rúa Progreso, 32, ou po teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Número rede viaria provincial/denominación/concello/prazo execución/clasificación/orzamento.

56/Acond. CV 556 Maceda a Casetas/Maceda/3 meses/G.4.d/21.071.932 ptas.

57/Ensanche CV 1 Sandiás-Ponte Liñares/Sandiás/5 meses/G.6.c/30.000.000 de ptas.

90/Acond. CV 301 Boborás-Cameixa/Boborás/5 meses/../15.000.000 de ptas.

91/Ponte en Continuación CV 84-Irixo/O Irixo/4 meses/B1 e 3K catg.e/55.000.000 de ptas.

94/Acond. CV 323 e CV 326/ O Pereiro de Aguiar/3 meses/G.4.d/26.483.000 ptas.

95/Acond. CV 317 a Moreiras por As Airas/Toén/5 meses/A.2.c; G.6.c/70.186.500 ptas.

Ourense, 14 de xuño de 2000.

O presidente da Deputación Provincial de Ourense

Rubricado