Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto de asistencia técnica para a redacción do Plan especial de reforma interior PERI 3 núcleo 16-04 Raviso 1 (Sárdoma).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: Servicios Centrais da Xerencia.

c) Expediente: 105/407.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: asistencia técnica para a redacción do Plan especial de reforma interior PERI 3 núcleo 16-04 Raviso 1 (Sárdoma).

b) Prazo do contrato: sete meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 19.879.631 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: praza do Rei s/n, (fronte á casa do concello).

c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax: 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas e a esixida no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 deste anuncio.

d) Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 14 de xuño de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Presidente