Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección e reforma interior de Bouzas. (Expediente 5826/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 6 de abril de 2000, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de protección e reforma interior de Bouzas, de iniciativa municipal, redactado pola arquitecta María Asunción Leboreiro Amaro.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante iserción de anuncios nun dos xornais de maior circulación da provincia así como no DOG e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artio 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificda pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan sen notificados persoalmente.

Vigo, 24 de maio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo