Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de maio de 2000, da Área Provincial da Coruña, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-2-CD/68, conta 258).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto 1º do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó se dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro

beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 23 de maio de 2000.

María Teresa Morán Calero

Xefe de Área provincial da Coruña

ANEXO

José M. Hermida Bouzamayor e herdeiros.

Expediente: C-2-CD/1968 (Desufiuzamento F.P. 2/2000).

Conta:258.

Vila do Conde 9, 1º esquerda, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 72.495 pesetas.