Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de maio de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente 73/1999).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio

coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora dos expedientes IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo quese aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren

conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 22 de maio de 2000.

María Teresa Morán Calero.

Xefe de Área provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 73/1999 (ocupación s/título).

Expedientada: María José Fernández Lijo.

Último domicilio coñecido: rúa Pintor Carlos Maside nº 26, 2º D, Polígono de Vite, Santiago de Compostela. (Expediente C-3-IV/75, conta 100).