Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 435/1999, interposto por Manuel Valebona Refojos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra providencia pola que se admite a trámite a demanda relativa ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 435/1999, interposto por Manuel Valebona Refojos, contra a Resolución do 23 de decembro de 1999, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia (DOG nº 250, do 29 de decembro de 1998).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública