Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de xuño de 2000 pola que se regula a convocatoria e o réxime de concesión de axudas correspondentes ó Programa de investigación xeolóxica e mineira do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) para o ano 2000 en réxime de concorrencia competitiva.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica, para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT). O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental potencia-lo sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico da Comunidade Autónoma.

Dentro dos programas tecnolóxicos horizontais figura o Programa de investigación xeolóxica e mineira, que ten como obxectivo a investigación e desenvolvemento neste sector para manter e mellora-la súa posición no mercado internacional.

A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Industria e Comercio en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En consecuencia como instrumento ordinario de execución do Programa de investigación xeolóxica e mineira do PGIDT como continuación das accións realizadas o ano 1999,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócanse as axudas e bolsas que a continuación se indican como instrumentos ordinarios do Programa de investigación xeolóxica e mineira e apróbanse e fanse públicas, como anexos desta orde, as bases polas que se rexerán cada unha delas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

a) Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada nas áreas de xeoloxía e minería (anexo I).

b) Axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) empresarial nas áreas de xeoloxía e minería (anexo II).

c) Bolsas de terceiro ciclo en programas de doutoramento relacionados coa I+D no sector da minería e xeoloxía (anexo III).

Artigo 2º.-Aplicación orzamentaria.

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I desta orde, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento destinará un máximo de 30.000.000 de ptas. (trinta millóns de pesetas) que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432-A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2000 a 2002, (15.000.000 de ptas. no ano 2000, 10.000.000 de ptas. no ano 2001 e 5.000.000 de ptas. no ano 2002).

Para as axudas convocadas no anexo II, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Industria destinarán ata un máximo de 259.240.619 ptas. (douscentos cincuenta e nove millóns, duascentas corenta mil seiscentas dezanove pesetas) que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 04.07.432-A.770.0 da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e 08.02.432-A.770 da Dirección Xeral de Industria, correspondentes ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2000 a 2002 de acordo coa seguinte distribución:

Aplicación Ano 2000Ano 2001Ano 2002

04.07.432-A.770.015.000.000 de ptas.5.000.000 de ptas.2.000.000 de ptas.

08.02.432-A.770.0162.240.619 ptas.50.000.000 de ptas.25.000.000 de ptas.

Non obstante, no caso de actuacións correspondentes á modalidade de proxectos cooperativos recollidas no punto 3, letra c) do anexo II, as cantidades que deban percibi-las institucións públicas poderán librarse directamente á institución pública con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432-A.740 prevista para o anexo I desta convocatoria, respectando os límites de dispoñibilidade orzamentaria.

As bolsas previstas no anexo III serán obxecto de convocatoria posterior con cargo á aplicación orzamentaria da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento 04.07.432-A.480.0 para os anos 2000 e 200l, e fixarase na convocatoria correspondente os fondos destinados para aquelas.

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º.-Resolución e recursos.

As resolucións dos expedientes instruídos ó amparo do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa, polo que de conformidade co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción do contencioso-administrativa, contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, se fora expresa; se non o fora o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou o conselleiro de Industria e Comercio, segundo proceda, no prazo dun mes se o acto fora expreso; se non o fora, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Todo iso sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos seus intereses por parte dos interesados.

Artigo 4º.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto na orde, haberá que se ater ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e función pública e actuación administrativa, e na Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Industria para que dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 7 de xuño do 2000.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Industria

e Administración Públicae Comercio

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada nas áreas de xeoloxía e minería.

1. Obxecto.

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos así como prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mineiras e xeolóxicas, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de investigación xeolóxica e mineira.

Para os efectos desta convocatoria, defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que, baixo a dirección continuada dunha delas, realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación, que baixo a dirección dun deles, realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertenzan a grupos de investigación distintos que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estables, bolseiros de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispoñer dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga, agás naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria.

2. Beneficiarios.

Para poder participar nesta convocatoria, os investigadores deberán integrarse en grupos que se manterán, polo menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación desta e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral de Industria; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos da presente convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

2.1. Grupos en formación. Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada nas áreas de xeoloxía e minería, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos respecto das liñas existentes, se se alegan razóns de circunstancias de forza maior. No caso de grupos en formación cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición.

2.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros.

2.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

2.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo.

2.2. Grupos/equipos consolidados. Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso cada grupo poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo as seguintes características.

2.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros.

2.2.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence.

2.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial. Este/s investigador/s e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

2.3. Grupos/equipos de excelencia. Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto a súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

2.3.1. Características mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de oito anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

b.2. Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3. Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, polo menos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, polo menos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

2.3.2. Criterios de calidade: para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir polo menos catro dos seguintes criterios de calidade.

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos competitivos de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas.

2.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo: para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores que serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son como mínimo igual ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo. Como colaboradores no proxecto solicitado, poderán figurar outros titulados superiores sen vinculación, que non serán computados na valoración deste. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e colaboradores para accións específicas pertencentes a outros grupos que só serán considerados para os efectos de avaliación científico-técnica do proxecto.

3. Modalidades de axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan os seus membros.

3.1. Grupos en formación.

3.1.1. Axudas: os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación de grupos e por tanto unha axuda que só poderá ser solicitada con carácter previo á obtención dun proxecto de investigación por parte deste. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

3.1.2. Limitacións: os grupos en formación, e polo tanto, os seus membros, mentres desfruten dunha axuda concedida ó amparo desta convocatoria non poderán dispoñer (ou participar) doutro proxecto, independentemente de cal sexa a orixe do seu financiamento.

3.2. Grupos/equipos consolidados.

3.2.1. Axudas: os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria por soamente unha delas:

a) Incentivos: os grupos/equipos consolidados que nas convocatorias do ano 1999 obtiveran un proxecto aplicado do Plan Nacional cun contido que estea relacionado coa I+D nas áreas de xeoloxía e minería (non se consideran os proxectos financiados con fondos FEDER, concedidos ó amparo do Decre

to 309/1997, do 25 de setembro), ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, no lugar do proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda será de tres millóns no caso de proxecto do Plan Nacional e de cinco millóns no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación: os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de catorce millóns de pesetas para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 das presentes bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subgrupos que integran o proxecto coordinado requiriranse un mínimo de dous investigadores, a saber:

a) O responsable de cada subproxecto deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence. Un deles será o coordinador do proxecto.

b) Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un), deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo. No caso de centros públicos de investigación este investigador poderá ser un técnico de grao medio con experiencia investigadora acreditada de catro anos.

3.2.2. Limitacións: os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto, poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catorce ou máis anos poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación, se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación, se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación, se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e nun se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgunha das tres alíneas anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de investigación xeolóxico mineiro do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para efectos desta convocatoria, exclúense do cómputo do proxecto vixente tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2001, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó amparo do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

3.3. Grupos/equipos de excelencia.

3.3.1. Axudas: os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas.

a) Incentivos: trátase do mesmo tipo de axudas descritas no punto 3.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións, agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de catro millóns para proxectos do Plan Nacional e seis millóns para o Programa Marco.

b) Proxectos de investigación: os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de dezaoito millóns de pesetas para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e o tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 das presentes bases incluíndo o concepto de persoal.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os membros deste cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no punto 2.3.1.

3.3.2. Limitacións: os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo, que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións que as descritas para os grupos consolidados no punto 3.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de apoio á I+D nas áreas de xeoloxía e minería do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que finalicen antes do 1 de xaneiro de 2001, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó amparo do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

3.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia, poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 250.000 ptas. referidas ós conceptos específicos recollidos nos puntos 4.4. e 4.5 das presentes bases, sempre en relación cos gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 3.2. e 3.3.

4. Conceptos subvencionables.

En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que seguidamente se relacionan, se ben cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades aplicadas de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (punto 3.1.) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (punto 3.4).

O importe máximo por este concepto será de 5.100.000 pesetas para proxectos de tres anos, 3.400.000 pesetas para proxectos de dous anos e 1.700.000 para proxectos dun ano e no caso dos incentivos de grupos/equipos consolidados ou de excelencia (puntos 3.2.1.a) e 3.3.1.a) das presentes bases) poderase imputar a este concepto ata o importe de subvención permitida descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade dos organismos ós que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto; estes investigadores non computarán para efectos de composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante.

O modelo oficial de solicitude número (MIN-1) (na portada que se publica como anexo VI da presente orde), está á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Industria, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, e en Internet nos enderezos «http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid», en «http://www.cesga.es/sxid» ou en «http://www.xunta.es/conselle/in».

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo da solicitude. Así mesmo, deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto para o sector industrial e contempla-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes, que se dirixirán ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberá adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguiente ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

6. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta, A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento requirirá o solicitante para que no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte á percepción do dito requirimento, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que se non o fixera, considerarase desistido da súa petición, logo de resolución de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia) a solicitude será desestimada.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo do informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co director xeral de Industria poderán determina-lo trasvase de solicitudes presentadas ó amparo desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

7. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A selección das solicitudes e a determinación da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Industria e outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación terase en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) O interese, relevancia e oportunidade, dos obxectivos do proxecto para a resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto proposto a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vai realizar.

8. Resolución.

Á vista do informe da comisión técnica de valoración, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública e o conselleiro de Industria e Comercio dictarán resolución conxunta, que será publicada no Diario Oficial de Galicia. Na resolución especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos.

O prazo para dictar e publica-la resolución expresa será de seis meses contados desde a publicación desta orde.

O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima ó interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, por escrito, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, coas condicións específicas que recolle esta orde e as que, se é o caso, se inclúan na resolución. En caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación dos novos grupos, os incentivos dos grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 3.1.1.a), 3.2.1.a), 3.3.1.a) e 3.5 respectivamente), terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretendan realizar coa axuda solicitada.

9. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o compromiso deste, xunto cos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houber. Ademais, no caso de axudas recollidas no punto 3.4. requírese documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo último pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

10. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Industria poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propoñe-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivase unha má utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en coordinación coa Dirección Xeral de Industria remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que se fagan consta-los resultados obtidos no desenvolvemento daquel, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo de tres meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento o da Consellería de Industria e Comercio. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Industria. Estas unidades poderán convoca-lo investigador principal, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

En todo caso, os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que efectúe a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Industria e Comercio e as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as previstas na lexislación do Consello de Contas así como as que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no caso de cofinanciamento de fondos europeos.

11. Difusión de resultados.

Os traballos e os resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da dita consellería o do rexistro xeral da Secretaría Xeral de

Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Industria de calquera resultado obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

12. Incidencias.

Tal como se recolle no artigo 78.7º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (e non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación de proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Industria.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Industria resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións e obrigas impostas na presenta orde, ou as que, se é o caso, se inclúan na resolución, dará lugar, de acordo co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, logo de audiencia ó interesado, á revogación da axuda concedida e ó reintegro da cantidade percibida e os seus xuros de demora, sen prexuízo, se é o caso, doutras responsabilidades nas que incorrese o beneficiario.

As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobro os previstos nos artigos 19 a 23 do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido no artigo anterior e o que determina o artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) empresarial nas áreas de xeoloxía e minería.

1. Obxecto.

Polas presentes bases regúlase o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia

competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións de empresas que realicen proxectos de investigación aplicada, investigación xeolóxico-mineira, desenvolvemento tecnolóxico e difusión dos seus resultados nos campos da minería e a xeoloxía.

Entenderase por investigación e desenvolvemento I+D todas aquelas actividades conducentes a estimar se determinados productos ou procesos poderán chegar a ser rendibles e viables. Estas inclúen deseño, desenvolvemento e avaliación de prototipos, de equipos, de productos ou de procesos sempre antes da súa comercialización.

Entenderase por actividades de difusión as conducentes a propaga-las innovacións tecnolóxicas de producto e proceso a través de canles de mercado e no mercado desde o seu primeiro uso mundial ata o seu uso en industrias mercados e empresas da rexión co fin de que as innovacións teñan impacto económico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas, asociacións ou agrupacións de empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e materializa-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) Calquera que poida ser esixible en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

a) Creación e dotación específica de departamentos de IDT ou plantas piloto en empresas, agrupacións ou asociacións de empresas relacionadas co sector da minería e a xeoloxía.

b) Execución de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico IDT orientados á obtención ou mellora de coñecementos xeolóxico-mineiros, novos productos, novos procesos, novos prototipos e modificacións de equipos, ou novos materiais relacionados coa minería e xeoloxía.

c) Execución de proxectos presentados por empresas que, debido á carencia de medios adecuados, encargan a totalidade ou parte do traballo que se desenvolverá a equipos das universidades, dos centros públicos de investigación ou dos centros tecnolóxicos de Galicia.

d) Actividades de difusión divulgación e sensibilización, conducentes a propaga-los resultados da

investigación, os productos, os servicios ou os sistemas innovadores.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos e, en todo caso, o proxecto deberá estar concluído antes do 31 de decembro de 2002.

5. Conceptos subvencionables.

As axudas destinaranse ó financiamento das seguintes actuacións:

5.1. Creación e dotación específica de departamentos de IDT ou plantas piloto en empresas, agrupacións ou asociacións de empresas relacionadas co sector da minería e xeoloxía. Poderán ser subvencionables os seguintes conceptos:

a) Custo vinculado ó desenvolvemento externo do estudio e o proxecto para a creación do departamento ou a planta piloto.

b) Custo de adquisición de bens de equipo específicos e elementos técnicos e instrumentos destinados a investigación e desenvolvemento. Non serán subvencionables os custos de compra ou construcción de edificios nin a adaptación de locais.

5.2. Proxectos de IDT orientados á obtención ou mellora de coñecementos xeolóxico-mineiros, novos productos, novos procesos, novos equipos ou novos materiais relacionados coa minería e xeoloxía:

a) Custo de persoal técnico da empresa necesario para a realización do proxecto. A tal obxecto o dito persoal debe quedar definido no proxecto e a contía non poderá supera-lo 20% do custo total do proxecto subvencionable.

b) Custo do persoal adicional que contrate a empresa para a realización do proxecto e que, no momento da contratación, non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivera nos dous últimos anos. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 5.100.000 ptas. para proxectos de tres anos, 3.400.000 ptas. para proxectos de dous anos e 1.700.000 para proxectos dun ano. No momento da solicitude deberá achegarse perfil requirido para o contratado e para o cobro da subvención requirirase copia do contrato.

Os proxectos de investigación empresarial a que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de mozos titulados universitarios e de FPII ou ciclo superior. As ditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento de contratos en prácticas e para innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán reuni-los requisitos e condicións e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Gastos xerais suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto ou actuación, tales como viaxes, comunicacións, e outros similares.

En ningún caso poderán supera-lo 5% do custo total do proxecto subvencionable.

d) Custo de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos e/ou laboratorios.

e) Gastos en materiais funxibles necesarios para a execución do proxecto.

f) Gastos inherentes á adquisición de compoñentes necesarios para a elaboración e desenvolvemento de prototipos, así como o custo de realización externa dos ditos prototipos.

g) Gastos para la protección dos resultados da investigación sempre que esta fose realizada en Galicia, ou se vaia implantar un proceso productivo relacionado con ela.

5.3. Proxectos cooperativos desenvolvidos por departamentos universitarios, centros tecnolóxicos ou institutos de investigación e que adopten a forma de contrato con empresas.

5.4. Actividades de difusión, divulgación e sensibilización, conducentes a propaga-los resultados da investigación, os productos, os servicios ou os sistemas innovadores.

6. Contía da axuda.

A porcentaxe de axudas máxima será do 45%.

7. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, dirixiranse ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ó conselleiro de Industria e Comercio, e presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O modelo oficial de solicitude número (MIN-2) (a folla externa publícase como anexo V da presente orde), está á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Industria, e nos enderezos de Internet http://www.cesga.es/sxid, en http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid ou en http://www.xunta.es/conselle/in.

O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

As ditas solicitudes presentaranse por triplicado segundo o modelo que figura nos impresos que se xuntan a esta orde, xunto coa seguinte documentación:

1. Copia cotexada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e na Seguridade Social.

2. Copias cotexadas do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación con que actúa quen representa á entidade solicitante.

3. Copia cotexada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da entidade solicitante, debidamente inscrita no correspondente rexistro. No caso de que se encontren acollidas ó réxime de exención do IVE, documentación acreditativa desta. No caso de te-lo seu domicilio social fóra de Galicia, acreditación do seu centro de traballo en Galicia.

4. Declaración expresa de non ter contraído ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia, e de estar ó día no pagamento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

5. Declaración expresa doutras axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para o mesmo proxecto en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitudes.

6. No caso de solicitudes presentadas para a execución de proxectos da modalidade indicada no punto 3 letra c deste anexo, copia do contrato de colaboración asinado entre a empresa e a entidade que desenvolverá o proxecto ou no seu defecto una carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición dos equipos de investigación dos organismos públicos e cal será o custo e o obxecto da colaboración.

7. No caso de solicitudes presentadas para a execución de proxectos de IDT en empresas, perfil do persoal que se contratará para a realización do proxecto.

8. Cando o investimento consista na creación dunha planta piloto, será necesario presentar unha descrición da súa aplicación unha vez instalada, así como a súa relación co proceso productivo.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días contados a partir do día seguinte á recepción do dito requirimento, emende a falta o presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, considerarase desistido da súa petición logo de resolución de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acollerse a outro tipo de actuacións.

8. Avaliación e selección.

A valoración do proxecto de IDT levarase a cabo mediante o disposto, neste ámbito de aplicación, pola Resolución do 28 de decembro de 1998 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de decembro de 1998, polo que se aproban as instruccións relativas ós créditos afectados ás actuacións relacionadas coa investigación e desenvolvemento. A valoración das solicitudes será

realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A selección das solicitudes e a determinación da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Industria (un como presidente e outro como secretario) e outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A comisión terá en conta os seguintes criterios:

a) Valoración realizada polos expertos externos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto na resolución de problemas relevantes para o seu correspondente sector.

d) Incidencia do proxecto no desenvolvemento do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa e, en particular, o establecemento de colaboracións coas infraestructuras públicas de apoio á investigación e desenvolvemento.

e) Capacidade da empresa para a execución do proxecto.

9. Resolución.

Á vista do informe da comisión técnica de valoración, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública e o conselleiro de Industria e Comercio dictarán resolución conxunta, que será publicada no Diario Oficial de Galicia. Na resolución especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos.

O prazo para dictar e publica-la resolución expresa será de seis meses contados desde a publicación desta orde.

O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima ó interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

A resolución de concesión determinará, polo menos, o importe do orzamento subvencionable, a porcentaxe de subvención que corresponda dentro dos límites establecidos por esta orde e o importe da subvención concedida. No caso de subvención plurianual, determinaranse tamén as cantidades concedidas con cargo ós orzamentos de exercicios posteriores.

Una vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, por escrito, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, coas condicións específicas que recolle esta orde e as que, se é o caso, se inclúan na resolución. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e se procederá conforme o que determina o artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

10. Subvencións plurianuais.

A presente orde aplicarase ás actuacións subvencionables que se iniciasen ou realizasen durante o ano natural de 2000.

No caso de proxectos plurianuais, nos que a totalidade da subvención supere os cinco millóns de pesetas, poderán realizarse anticipos ou pagamentos parciais, a conta da liquidación que se perciba, cumprindo os requisitos que para o efecto determina o artigo 37.Dous.2.e) da Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000.

Nos proxectos plurianuais, entenderanse que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata o final de ano, corresponden á anualidade seguinte, e polo tanto poderanse presentar como xustificantes para o cobro desta anualidade.

11. Prazo e forma de xustificación.

Para o libramento de cada anualidade da subvención, o beneficiario deberá xustifica-las actuacións que constitúan o investimento subvencionable para o que deberá presentar, antes do 15 de novembro do ano que corresponda, na respectiva delegación provincial o nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, por triplicado, a seguinte documentación:

a) Informe técnico no que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias habidos na súa execución. Deberá incluír resumos da execución do orzamento nos que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe e a data de cada un dos xustificantes presentados.

b) Documentación acreditativa de realización do investimento ou gasto, que consistirá en copia das facturas e as súas correspondentes xustificantes de pagamento. No caso de custos de persoal, deberá presentarse copia das nóminas e os TC do persoal dedicado ó proxecto.

c) No caso de colaboracións con departamentos universitarios ou centros tecnolóxicos deberá presentarse copia do contrato ou acordo en que se estableza a dita colaboración.

d) No caso de contratarse persoal con destino específico ó proxecto, copia do dito contrato.

e) Certificación de axudas obtidas ou declaración das que se prevé obter para a mesmo investimento en calquera outra institución, organismo ou Administración pública, achegando os datos necesarios para que poida identificarse e, se é o caso, cuantificarse.

f) Certificación da conta bancaria onde debe realizarse o pagamento, expedida pola propia entidade bancaria, que deberá consigna-lo código bancario completo.

g) Certificados acreditativos de estar ó día nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e de estar ó día de pagamento do imposto sobre actividades económicas.

h) No caso de que se trate dunha subvención plurianual, xustificante acreditativo do depósito na Caixa Xeral de Depósitos, por tempo indefinido, do aval bancario que garanta o importe da anualidade da que o pagamento se estea tramitando, así como das súas correspondentes xuros (xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea ese momento vixente) por un prazo que medie entre a data de solicitude do pagamento das correspondentes anualidades e a data límite que se estableza para a xustificación da última anualidade.

i) No caso de plantas piloto, certificación do seu xerente no que conste que a planta piloto non se dedicará a actividades de proceso productivo.

j) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión de subvención.

12. Pagamento da subvención.

A percepción da axuda terá lugar unha vez que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio ou da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, trala inspección realizada se fora o caso, certificasen que se realizou o investimento que foi obxecto de subvención e o recollido na resolución de concesión. Ademais, o beneficiario deberá presenta-la documentación adicional que lle sexa requirida por estes servicios técnicos, co obxecto de determina-lo alcance do proxecto ou actuacións subvencionables.

13. Modificación do proxecto subvencionado.

Tal como se recolle no 78.7º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Cando por circunstancias técnicas se varíe o contido específico dos investimentos ou actuacións recollidas no proxecto inicial e as ditas variacións incidan no investimento subvencionable, o beneficiario deberá comunicar con anterioridade á súa materialización, os correspondentes cambios, solicitando a conformidade á Consellería de Industria e Comercio ou da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento antes do 31 de outubro do ano correspondente. A conformidade expresa da Consellería de Industria e Comercio ás ditas modificacións requirirá informe favorable da Dirección Xeral de Industria, e só será outorgada cando non se altere significativamente o proxecto inicial.

Cando por concorrencia de subvencións ou axudas o importe total subvencionado exceda dos límites máximos establecidos na presente orde, procederá o reintegro do exceso percibido á Administración autonómica, sen prexuízo doutras responsabilidades que puideran derivarse.

14. Control.

En todo caso, os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que efectúe a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Industria e Comercio e as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as previstas na lexislación do Consello de Contas así como as que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no caso de cofinanciamento de fondos europeos.

15. Incumprimento de obrigas.

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións e obrigas impostas na presente orde, ou as que, se fora o caso, se incluíran na resolución, de acordo co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, dará lugar, despois da audiencia ó interesado, á revogación da axuda concedida e ó reintegro da cantidade percibida e dos seus xuros de demora, sen prexuízo, se é o caso, doutras responsabilidades nas que incorrese o beneficiario.

As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobro o previsto nos artigos 19 a 23 do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Os beneficiarios encóntranse suxeitos ó réxime de infraccións e sancións que en materia de subvencións establece o artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e función pública e actuación administrativa.

16. Renuncia de axudas.

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido no artigo anterior e ó que determina o artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO III

Bolsas de terceiro ciclo en programas de doutoramento relacionados coa I+D nas áreas da xeoloxía e a minería.

Na convocatoria xeral de bolsas para realizar estudios de terceiro ciclo nas universidades galegas, con cargo ós fondos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, convocaranse catro bolsas destinadas a alumnos matriculados en programas de doutoramento impartidos nas universidades do sistema universitario de Galicia e relacionados co apoio á I+D nas áreas da xeoloxía e minería. Ademais, os bolseiros seleccionados deberán integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma.