Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico Pena Luisa. (Expediente 027-EOL).

Por Resolución do 28 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico denominado Pena Luisa, sendo declarada a utilidade pública, en concreto, das instalacións do dito parque eólico por Resolución do 31 de maio de 2000, do conselleiro de Industria e Comercio.

A dita declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos

afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no dito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo, e que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Ourol, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación. As afeccións sinaladas na relación de bens e dereitos implican a expropiación de pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Made Energías Renovables, S.A.

Lugo, 13 de xuño de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios de predios que se van expropiar

Obra: parque eólico Pena Luisa

Concello: Ourol

C. parcelaria

predio

no

plano

PropietarioDomicilioTermo

municipal

do predio

Superficie

ha

ClasificaciónLugarLindeiros

Polígon.Parcela

11337Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol1,3920PasteiroO CastroN: resto do predio

S: resto do predio

L: Fina Rouco e Francisco Pérez

O: Constantino Cabana

114721Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol0,9080PasteiroBestilleirasN: David Fraga Díaz e outro

S: Francisco Pérez Rouco

L: Manuel Porto Costa e outro

O: David Fraga e resto do predio

C. parcelaria

predio

no

plano

PropietarioDomicilioTermo

municipal

do predio

Superficie

ha

ClasificaciónLugarLindeiros

Polígon.Parcela

116130Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol1,0000PasteiroBestilleirasN: resto do predio

S: resto do predio

L: Francisco Pérez e outros

O: Eladio Costa Hermida

119135Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol0,4362M. altoArmadaN: camiño

S: camiño

L: Fina Rouco Veiga

O: camiño

1110744Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol0,4240M. baixoFonte de BruasN: Eladio Costa Hermida

S: Fina Rouco Veiga

L: resto do predio

O: Jesús Casabella Rouco

1111046Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol0,5200M. baixoPenido do PenedoN: Fina Rouco Veiga

S: Venancio Fdez. Calvo

L: resto do predio

O: resto do predio

611983Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol0,0450M. baixoAlto da GalegaS: Cándido Ramil Vizoso

L: resto do predio

O: José Ramudo Fernández e outros

6121-286Martina Martínez Fernández

José Luis Porto Martínez

Almirante Chicharro, 20 27869 Viveiro - Lugo

Avda. Ferrol, 21 28869 Viveiro - Lugo

Ourol0,0140M. baixoAlto da GalegaN: José Lestegas Veiga

S: José Mª Costa Blanco

L: resto do predio

O: Cándido Ramil Vizoso

6121-589Monte en man común dos veciños da parroquia de Miñotos

Presidente: José Mª Fdez. Pico

Leonte - Miñotos. 27865 Ourol (Lugo)Ourol3,0500M. baixoAlto da GalegaN: resto do predio

S: Margarita Pita Guerreiro

L: José Mª Costa, José Mª López Pico

O: resto do predio