Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/79-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sambade-Mirón.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 188 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Lestón (expediente 8/1996) e final no C.T. Sambade-Mirón, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa

tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 165 m de lonxitude. A Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 22 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña