Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.702

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 13 de xuño de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 10 de maio de 2000.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciado por Orde do 10 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 95, do 18 de maio), no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

1. Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 10 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 95, do 18 de maio).

2. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

3. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

4. O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

5. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,

de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 0927257657 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Argüello Fernández, Juan Carlos.

Código: OT.B01.00.000.15770.032.

Denominación do posto de traballo: xefe Unidade Técnico-Xurídica.

Centro directivo: secretaría xeral.

Localidad: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A1 Admon. xeral.

Nivel: 28.

Específico: 1.737.708.

NRP/DNI: 0972327746 A1000.

Grupo: A.

Apelidos y nome: Manrique Merino, Jesús Antonio.

Código: OT.B99.20.000.15770.001.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio Territorial de Augas de Galicia.

Centro directivo: demarcación Galicia-centro.

Localidad: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 Admon. xeral.

Nivel: 28.

Específico: 1.459.680.