Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.703

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos anteditos corpos, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na citada resolución publicada no DOG nº 118, do luns 19 de xuño de 2000, cómpre face-la seguinte rectificación:

Da páxina 9.438, columna esquerda, desde o número 80 Díaz Iglesias, Gladys ata o número 146

González Canle, Felicísimo, ámbolos dous incluídos, hai que suprimi-la dita columna e incluíla na disciplina de física e química, páxina 9.439, entre o número 79 Díaz Gómez, Aniana María e número 1.457 González Gervasi, María del Rosario.