Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.702

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), publicadas por Resolución do 18 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 103, do 29 de maio).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D, publicadas no DOG número 103, do 29 de maio, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de incluír a Carlos Xabier Bará Viñas na lista do corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) (lista A1), que pasa a ocupa-lo número de orde 19 no ámbito territorial de Pontevedra e María Belén Regueira Castro na lista A2 do citado corpo, pasando a ocupa-lo número de orde 15 no ámbito territorial de servicios centrais e o número de orde 2 no ámbito territorial da Coruña.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública