Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 4 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a citación para comparecencia no EVO de Vigo e a resolución dictada, sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos da citación para comparecer no equipo de valoración de Vigo, e a resolución de suspensión cautelar dictada no seu día, en relación coa solicitude de pensión non contributiva de invalidez relacionada no anexo.

Procédese polo presente edicto a unha nova citación de comparecencia no EVO de Vigo (rúa Conde de Torrecedeira 99 baixo), dentro dos cinco días seguintes ó da súa publicación no DOG. De non comparecer, a esta citación, procederase á paralización do expediente e transcorridos tres meses, producirase a súa caducidade con arquivo das actuacións practicadas de conformidade co establecido no artigo 92 la Lei 30/1992, do 26 de novembro, do RXAP e PAC.

Pontevedra, 4 de maio de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Manuel Francisco Teira Cores.

DNI: 77.002.358.

Deberá presentarse na sección de cualificación e valoración de minusválidos do Centro Base de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira nº 99 baixo, co obxecto

de que sexan practicadas as probas e exploracións necesarias para a valoración e cualificación da minusvalidez, que se é o caso, puidera afectarlle. Pregámoslles que acuda provisto do seu DNI, e se dispón dalgún infome médico, psicolóxico, radiografías, análises recentes ou calquera outra proba, tamén deberá achegalas consigo.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Efectos: pola imposibilidade de coñece-las variacións sobrevidas das circunstancias que determinaron a concesión da pensión ó ser devolto polo servicio de correos, o impreso de declaración anual, producirá a suspensión cautelar do pagamento da pensión que ten recoñecida desde o 1 de decembro de 1997.