Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 4 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de reintegro do importe restante do cobro indebido da pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común; polo falecemento do debedor e non atopar herdeiros ou legatorios, notifícase a resolución definitiva para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para o reintegro do cobramento o indebido xerado no expediente de pensión non contributiva de xubilación, citado no anexo, da delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Pontevedra, 4 de maio de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Josefa Lafuente Fariña.

DNI: 35.307.653.

Resolución: extinción do fraccionamento establecido para o reintegro do cobro indebido suxeito ó período de 1-8-1996 ata 31-12-1996, polo importe de 141.780 ptas.

Causa: falecemento do pensionista.

Efectos: deberá reintegrar no prazo de 30 días, seguintes ó da publicación deste edicto, mediante o ingreso na conta de Recursos diversos provinciais nº 6000056419 da Tesourería Xeral da Seguridade Social, en calquera oficina de Caja Madrid.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Importe a reintegrar: 75.240 ptas. (452,20 euros*).

* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166.386 ptas./1 euro.