Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.608

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto (738/1999).

A Coruña, 28 de abril de 2000.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Ángel Barrallo Sánchez, presidente, María del Carmen Taboada Caseiro, Luis Barrientos Monge, maxistrados, en nome de El-Rei, pronunciaron a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil número 738/1999, divorcio número 1477/1997, procedente do Xulgado

de Primeira Instancia número tres da Coruña, entre partes, dunha e como apelante, María Josefa Rodríguez Diz, representada pola procuradora Cabado Pou, e da outra e como apelado, Ángel Felipe Amenedo Gómez, en situación procesual de rebeldía, con quen se entenderon as sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal. Foi relator Ángel Barrallo Sánchez.

Decidimos que, revogando parcialmente a sentencia do 22 de xaneiro de 1998, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña, debemos, estimando en parte a demanda, declarar e declaramos disolto, por divorcio, o matrimonio constituído por Ángel Felipe Amenedo Gómez e María Josefa Rodríguez Diz, con tódolos efectos legais inherentes á dita declaración, atribuírlle á esposa o uso e desfrute do domicilio familiar e fixar en 24.000 pesetas mensuais a cantidade que o demandado lle aboará á demandante en concepto de pensión, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e que será actualizada tódolos anos, no mes de febreiro, de acordo co incremento do índice de prezos ó consumo. Sen imposición de custas en ambas instancias.

E líbrese ó xulgado de procedencia a certificación correspondente, con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, expido e asino esta cédula na Coruña, o 25 de maio de 2000.

Rubricado