Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.609

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (950/1999).

Eu, José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo e o seu partido xudicial, fago saber que ante este xulgado se seguen autos de quebra voluntaria, rexistrados co número 950/1999 e seguidos por instancia da entidade Intercao, S.L., representada pola procuradora María Auxiliadora Ruiz Sánchez, e nos seus autos, no día da data, dictouse resolución do teor literal seguinte:

«Proposta de providencia. Secretario xudicial. José Luis Gutiérrez Martín.

Vigo, 9 de maio de 2000.

Co anterior testemuño quedou formada a peza cuarta de exame, graduación e pagamento dos créditos.

Sinálase para que teña lugar a xunta xeral de acredores, para o exame e recoñecemento de créditos, o vindeiro día vinteseis de xullo de dous mil, ás

dez horas, na sala de audiencias deste xulgado, convocándose os acredores para tal efecto, ós que se lles concederá un prazo que rematará o día 30 de xuño deste ano para lles presentar ós síndicos os títulos xustificativos dos seus respectivos créditos, prevíndoos de que, de non o verificaren antes do mencionado día, recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito, o que se lle comunicará por medio de circular que remitirán os síndicos por correo certificado con xustificante de recepción, e por medio de edictos que se publicarán nos mesmos xornais e taboleiro de anuncios que a xunta anterior. Os despachos librados entregaránselle á procuradora da entidade quebrada para que coide da súa xestión e cumprimento.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días, que se interporá por escrito perante este xulgado.

O que así se propón e asina, dou fe».

E para que sirva para o seu coñecemento xeral e para a súa citación ós acredores en ignorado paradoiro, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado, e taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto en Vigo, 9 de maio de 2000.

O secretario

Rubricado