Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.608

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4439/2000).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Antonio Castro Bugallo, en nome e representación de Carmen Canedo Ramos contra resolución da consellería do 28-2-2000, que acordou a suspensión da resolución do secretario xeral do 16-12-1999, na que se facía pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia, en concurso do 20-1-1998.

Recurso número: 02/0004439/2000.

A publicación deste anuncio servira de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen

con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 19 de maio de 2000.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado