Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.594

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xuño de 2000 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarias, dispón, no seu artigo 3º, punto 2, que nos convenios que a Administración educativa estableza con outras administracións públicas, universidades, institucións, entidades ou empresas sen ánimo de lucro para la realización de actividades educativas, deberán ser provistas a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal, coa reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder en máis de seis anos.

Sendo preciso a provisión de distintas prazas como consecuencia dos diversos convenios entre a Administración educativa e as distintas institucións ou entidades ás que se refire o artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira pri

meira do devandito decreto que autoriza ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións que sexan precisas para a aplicación do disposto no referido decreto.

É polo que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso público de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios, para adxudicar en comisión de servicios as prazas que figuran no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarias con destino actual no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que conten, polo menos, con tres anos de servicio como docentes en centros públicos, contabilizados ata o 31 de agosto de 2000 e xustifiquen documentalmente reuni-los requisitos sinalados para cada posto. Así mesmo poderán, de se-lo caso, participa-los funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa.

Terceiro.-O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, será de vinte días desde a publicación da

presente orde e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais, ou ben na forma prevista no Art. 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante a oficina de correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e demais documentación, non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo establecido para as reclamacións sinaladas no punto sexto, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións formuladas.

Cuarto.-Aínda que se concurse a máis dunha praza, os concursantes presentarán unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de alegacións e autobaremación, axustada ó modelo que se poñerá á disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Os concursantes presentarán ademais:

-Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ó posto que se solicita, tendo en conta as súas características, cunha extensión máxima de 20 folios.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

Quinto.-A selección dos aspirantes será realizada por unha comisión que presidirá o secretario xeral ou persoa na que delegue, e da que formarán parte.

-2 vocais coa categoría de subdirectores xerais ou xefes de servicio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-2 inspectores de educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

-Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de Persoal Docente non Universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión.

-A comisión poderá solicita-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, limitándose os devanditos asesores a prestaren a súa colaboración.

Sexto.-Para a valoración dos puntos 1, 2, 3.1, 3.2 e 4.1 do baremo establecido no anexo II, a comisión de selección delega esta función nunha subcomisión formada por funcionarios da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Unha vez feita esta, os resultados serán publicados nos taboleiros de anuncios da consellería e das delegacións provinciais, sinalando a relación de excluídos e a causa da súa exclusión e establecendo un prazo de 10 días naturais desde a súa exposición para presenta-las reclamacións que procedan.

Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderán ser convocados pola comisión de selección á realización dunha entrevista para mellor aprecia-las circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

Sétimo.-Os membros da comisión e subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, estando cualificadas na categoría primeira.

Oitavo.-Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista non poderán ser propostos pola comisión, sendo seleccionados aqueles aspirantes que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acaden as maiores puntuacións no total dos puntos contemplados no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.

Noveno.-No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos puntos 6, 1, 3.3, 4.2, 3.1, 3.2, 4.1 e 2.

Décimo.-Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación dos postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que os afecte. Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderase formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,

conforme se establece nos capítulos II e III da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Dédimo primeiro.-O prazo máximo para notifica-la resolución deste procedemento será de 6 meses contados desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

Décimo segundo.-Os seleccionados deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2000, cesando no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

De acordo co disposto no punto 2º do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, as prazas adxudicadas serano en comisión de servicios, por un período de dous anos e un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.

Décimo terceiro.-Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nº de posto 1Convenio: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

DestinoHospital Psiquiátrico de Conxo. Santiago de Compostela.

Prazas1 para mestres.

FunciónsOrganizar e coordina-las actividades educativas do centro. Conduci-lo itinerario educativo de xeito individualizado de cada alumno, se procede. Impartición de clases de forma directa e coordinación cos equipos das unidades asistenciais. Apoio técnico e profesional ós alumnos en prácticas da Facultade de Ciencias da Educación (convenio Sergas-Universidade de Santiago de Compostela). Dirixir e apoia-los voluntarios sociais que participen nos programas educativos do centro.

Requisitos:Experiencia en educación de adultos.

Coñecemento en técnicas de dinámica de grupos.

ObservaciónsHorario preferentemente de tarde.

Nº de posto 2Convenio: Asociación para formación e emprego de mozos diminuídos.

DestinoSantiago de Compostela.

Prazas1 praza para mestres.

FunciónsIntegración social de xoves diminuídos. A través do traballo como terapia fundamental, mellora-la situación persoal e a calidade de vida destes mozos discapacitados. Actividades axeitadas á súa situación. Realizar, e de se-lo caso coordinar, tódalas actividades escolares e extraescolares do centro. Traballo en programas de desenvolvemento integral.

Requisitos:Experiencia en educación especial. Especialista en pedagoxía terapéutica e en orientación educativa. Coñecementos de traballos de manualidades: encadernación, cerámica, etc.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades do centro.

Nº de posto 3Convenio: Cáritas Diocesana de Lugo para o desenvolvemento do programa de educación compensatoria «Preescolar na Casa».

DestinoZonas de traballo de Preescolar na Casa, que se especifican a continuación:-Provincia da Coruña: Municipios de: 1. Cariño, Cedeira, Ortigueira Mañón, As Somozas, Moeche, San Sadurniño, As Pontes de García Rodríguez. 2. A Capela, Vilarmaior, Monfero, Irixoa, Paderne, Coirós, Aranga, Oza dos Ríos, Cesuras, Abegondo. 3. Ordes, Mesía, Curtis, Vilasantar, Frades. 4. Laracha, Cerceda, Tordoia, Trazo, Oroso. 5. Ponteceso, Laxe, Camariñas, Vimianzo, Zas, Val do Dubra, Ames. 6. Muxía, Cee, Dumbría, Mazaricos, Carnota, Corcubión, Fisterra.-Provincia de Lugo: Municipios de: 1. A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Pol, Baleira, Castroverde. 2. Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Bóveda. 3. Taboada, Chantada, O Saviñao, Carballedo. 4. Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Monforte, Pantón, Sober.-Provincia de Ourense: Municipios de: 1 San Cristovo de Cea, Piñor, O Irixo, Beariz, Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín, Cenlle, San Amaro, Leiro,

Carballeda de Avia, Beade, Ribadavia. 2. Cortegada, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Padrenda, Verea, Ramirás, Celanova. 3. Baltar, Os Blancos, Cualedro, Trasmiras, Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio. 4. A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil, Nogueira de Ramuín. 5. Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verea, Vilardevós.-Provincia de Pontevedra:. Municipios de: 1. A Estrada, Forcarei, Cerdedo, Valga, Pontecesures. 2. Caldas, Cuntis, Moraña, Portas, Campo Lameiro, Barro, Catoira. 3. Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade, Fornelos, Pazos de Borbén. 5. A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Mos, Salceda de Caselas.

PrazasA Coruña: 6, Lugo: 6 (1 equipo T.V., 1 coordinador), Ourense: 4, Pontevedra: 5; todas de mestres.

FunciónsEstudio da zona (recollida de datos, convocatorias e visitas a familias). Planificación e realización de xuntanzas quincenais coas familias, tratando de resalta-lo valor do cotián, a utilidade dos materiais do contorno, impulsando a reflexión dos adultos e o intercambio entre eles. Contacto coas persoas e institucións da zona que poidan ter relación co traballo (pediatras, asistentes sociais, mestres, etc.). Colaborar cos diferentes medios do programa (revista, radio e televisión). Participar nas reunións de zona e xerais. Comprometerse coa formación. Organización de actividades diferentes ás reunións de orientación (excursións, charlas, exposicións, etc.).

ObservaciónsCarné de conducir e dispoñibilidade de vehículo. De acordo coas necesidades do programa, as zonas de traballo poden sufrir modificacións ó longo do curso.

Nº de posto 4Convenio: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

DestinoHospital Clínico de Santiago. Hospital Islas Cíes de Vigo. Complexo Hospitalario de Ourense.

Prazas1, 2 e 2, respectivamente, para mestres.

FunciónsProsegui-la súa formación durante a permanencia no hospital, sen que a actividade docente cause prexuízos ó seu benestar e non obstaculice os tratamentos correspondentes. Manter hábitos de estudio. Coordinación cos centros educativos ós que asisten normalmente. Estimula-la actividade creativa para evita-lo aburrimento. Dar un carácter positivo e contido formativo ó tempo libre e de ocio no hospital.

Requisitos:Competencia como asesor e traballo en equipo co persoal do centro hospitalario. Cursos relacionados coa saúde.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades do centro.

Nº de posto 5Convenio: Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia.

DestinoSantiago de Compostela e Lugo.

Prazas1 en cada localidade para mestres.

FunciónsColaboración a nivel educativo para a rehabilitación e integración sociolaboral das persoas atendidas pola fundación. Actividades orientadas a facilita-la súa integración social e laboral e á adquisición de hábitos e actitudes positivas que favorezan o desenvolvemento e maduración persoal, contribuíndo ó éxito do seu proceso terapéutico.

Requisitos:Experiencia en educación de adultos.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades da fundación.

Nº de posto 6Convenio: Deputación Provincial de Lugo.

DestinoLugo.

Prazas1 para mestres.

FunciónsDesenvolvemento de actividades formativas destinadas ós alumnos de infantil e primaria de centros públicos da provincia aproveitando as institucións museísticas como recurso didáctico e formativo de profesores e alumnos. Organización de visitas guiadas ás institucións culturais e educativas dependentes da deputación. Coordinación entre a Deputación e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, fundamentalmente coa delegación provincial e as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional e Centros e Inspección Educativa.

Requisitos:Experiencia en producción de materiais didácticos. Coñecementos básicos de creación e expresión. Creatividade. Experiencia en funcionamento de museos e institucións culturais de ámbito local.

Nº de posto 7Convenio: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

DestinoLugo. Coordinador do programa de Escolas Viaxeiras.

Prazas1 para mestres.

FunciónsCoordinar e informar sobre tódolos aspectos do programa, tanto no que se refire ós alumnos que se reciban en Galicia como os desprazamentos de alumnos galegos a outras comunidades. Elabora-lo proxecto anual do traballo, proxecto educativo, curricular e organizativo. Elabora-los cadernos de traballo dos alumnos participantes. Recibir e instala-los alumnos. Organización do transporte, visitas, aloxamento, mantemento, etc. Coordina-los profesores titores acompañantes. Memoria de valoración de resultados. Elaboración da memoria económica. Aquelas outras funcións ou actividades que teñan relación cos profesores de alumnos.

Requisitos:Experiencia en programas de compensación de desigualdades.

ObservaciónsHorario adaptado en cada momento ás necesidades que demande a realización do programa, especialmente nos meses de estadía real dos alumnos.

Nº de posto 8Convenio: Deputación Provincial de Pontevedra.

DestinoCidade Infantil «Príncipe Felipe».

Prazas1 director xerente. Inspector de educación, inspector ó servicio da Administración educativa ou profesor de ensino secundario.

FunciónsDirixir e coordinar tódalas actividades dos centros de menores da Cidade Infantil, para a consecución do proxecto educativo e de acordo coas disposicións vixentes, sen prexuízo da competencia das demais autoridades. Exerce-la garda dos menores acollidos na institución. Coordinar ou modifica-la programación xeral anual de acordo coas directrices establecidas polo presidente da deputación. Aproba-los proxectos educativos, as programacións das actividades anuais e as instruccións e ordes de servicio dos diferentes centros da Cidade Infantil. Xestiona-los medios materiais e humanos da institución. Promover e impulsa-las relacións da Cidade Infantil coas institucións. Impulsar e facilita-la coordinación coa Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. Representar oficialmente á deputación.

Requisitos:Experiencia en función directiva con un mínimo de 5 anos en algún dos centros incluídos no R.D. 1004/1991. Cursos relacionados coa función directiva.

Nº de posto 9Convenio: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

DestinoServicio de Igualdade. Santiago de Compostela.

Prazas1 para mestres.

FunciónsElaboración de material didáctico destinado ó alumnado. Revisión e adecuación do material formativo ó principio de non discriminación por razón de xénero. Deseño de cursos formativos en políticas de igualdade e coeducación destinadas á comunidade escolar e outros colectivos. Organización de actividades formativas en materia de igualdade para o profesorado dos distintos niveis educativos. Elaboración de materiais de coeducación dirixidos á prevención da violencia contra as mulleres e difusión destes materiais entre a comunidade escolar.

Requisitos:Experiencia docente en coeducación de persoas adultas. Coñecemento exhaustivo do sistema educativo. Coñecemento das políticas desenvolvidas na actualidade para fomenta-la igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Coñecemento e experiencia en programas de prevención de violencia de xénero, aplicada ó ámbito educativo. Experiencia en organización, coordinación e xestión de formación dirixida ó profesorado en temas de educación para a igualdade. Experiencia en organización, coordinación e xestión da formación dirixida a pais e nais para fomenta-la educación para a igualdade desde ó ámbito familiar. Revisión e elaboración de proxectos, programas e materiais didácticos desde a perspectiva integradora de xénero. Experiencia docente de educación para a igualdade en cursos e actividades formativas dirixidas a profesionais docentes.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades do posto.

Nº de posto 10Convenio: Asociación diminuídos psíquicos de Santiago (ASPAS).

DestinoSantiago de Compostela.

Prazas1 para mestres.

FunciónsIntegración social dos mozos diminuídos. A través do traballo como terapia fundamental, mellora-la situación persoal e a calidade de vida destes mozos discapacitados. Actividades axeitadas a súa situación. Realizar e se é o caso coordinar tódalas actividades escolares e extraescolares do centro. Traballo en programas de desenvolvemento integral.

Requisitos:Experiencia en educación especial. Especialista en pedagoxía terapéutica ou en orientación educativa. Coñecemento de traballo en manualidades, encadernación, cerámica, etc.

ObservaciónsHorario adaptado ás necesidades do centro.

Nº de posto 11Convenio: Coordinador escolarización poboación marxinada.

DestinoA Coruña e Lugo.

Prazas1 en cada localidade para mestres.

FunciónsPotencia-la integración escolar dos alumnos de poboacións marxinadas. Coordinación cos diferentes centros. Xestións entre as familias para conseguir a súa escolarización. Control do absentismo escolar. Potenciación do interculturalismo.

Requisitos:Experiencia en programas de integración de minorías. Facilidade de comunicación con poboacións marxinadas. Experiencia en educación compensatoria.

Nº de posto 12Convenio: Caixa Galicia.

Destino«Caixa Galicia» de Monforte de Lemos.

Prazas1 de mestres.

FunciónsDocentes propias do posto.

Requisitos:Especialidade en educación infantil.

ANEXO II

Conceptos

Puntuación

Total puntos

máximo

Documentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira dun corpo docente

0,50 puntos5 puntos

2. Méritos académicos:2 puntosCopia compulsada das titulacións alegadas.
2.1. Polo título de doutor1 punto
2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes0,5 puntos
2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura0,25 puntos

3. Formación e perfeccionamento:6 puntosCopia compulsada da documentación alegada.
3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados)Ata 2 puntos
3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursosAta 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto ó que se pretende accederAta 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:3 puntosDocumentación orixinal.
4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeralAta 1 punto
4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicitaAta 2 puntos
(Deberán conte-lo ISBN, agás as excepcións recollidas na lexislación vixente).

5. Por cada ano de servicio en postos das mesmas características que o que se solicita0,20 puntos2 puntosCertificación de servicios ou nomeamento.

6. Proxecto de traballo e entrevista:

O proxecto de traballo deberá conte-los obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición á que corresponde a praza que se solicita

(puntuación mínima esixida por este epígrafe: 4 puntos no proxecto e 4 puntos na entrevista).

Ata 6 puntos polo proxecto

Ata 6 puntos pola entrevista

Ata 12 puntosOrixinal, cunha extensión máxima de 20 folios.

Concepto

Puntuacións

parciais

Total

1. Antigüidade.

(Máximo 3 puntos).

Por cada ano de funcionario de carreira no corpo docente

0,50

2. Méritos académicos.

(Máximo 2 puntos).

2.1 Polo título de doutor1
2.2. Titulacións segundo ciclo0,5
2.3. Titulacións primeiro ciclo0,25

3. Formación e perfeccionamento.

(Máximo 6 puntos)

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas (0,10 puntos por c/10 horas)Ata 2 puntos
3.2. Por outras actividades de formaciónAta 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto de asesor ó que se pretende accederAta 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas

(Máximo 3 puntos).

4.1. Por publicacións de carácter didáctico, de carácter xeralAta 1 punto
4.2. Por publicacións de carácter didáctico, relacionadas coa praza que solicitaAta 2 puntos