Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.592

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xuño de 2000 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22 de marzo).

Pola Orde do 16 de setembro de 1999 nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22).

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo apra ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22) os opositores que figuran no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria