Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.571

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 149/2000, do 7 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos das publicacións editadas e dos servicios de información a través de explotacións de datos estatísticos prestados polo Instituto Galego de Estatística.

A Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, modificada pola Lei 7/1993, do 24 de maio, regula a actividade estatística para os fins da Comunidade Autónoma e sinala entre as funcións do Instituto Galego de Estatística (IGE), a de publicar e difundi-los resultados das súas estatísticas.

No cumprimento da indicada función, o Instituto Galego de Estatística vén subministrando información ós usuarios que a solicitan, aplicando os prezos regulados na Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

A ampliación na oferta de productos e servicios do Instituto Galego de Estatística, así como, a súa adecuación ós custos reais, fai necesaria a fixación de novas tarifas.

Na súa virtude, e de acordo co artigo 12 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da

Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O presente decreto ten por obxecto a fixación dos prezos públicos percibidos polo IGE derivados da venda das súas publicacións e/ou dos servicios de información a través das explotacións de datos estatísticos, tanto en soporte magnético como en papel.

Artigo 2º.-Clases de prezos percibidos polo IGE.

Establécense os seguintes:

a) Pola venda das publicacións impresas.

b) Pola venda de explotacións de datos estatísticos.

Artigo 3º.-Venda das publicacións.

Os prezos de venda das publicacións editadas polo IGE serán os seguintes:

-Galicia en cifras Anuario: 5.000 pesetas, 30,05 euros.

-Boletín de series estatísticas de Galicia. Indicadores socioeconómicos de conxuntura: 1.400 pesetas, 8,41 euros.

-Estatísticas do mercado de traballo. Anuario: 3.000 pesetas, 18,03 euros.

-Estatística de comercio exterior. Galicia: 2.500 pesetas, 15,03 euros.

-Estatística de edificación e vivenda. 2.000 pesetas, 12,02 euros.

-Táboas Input-Output e contabilidade rexional. Ano 1990: 5.000 pesetas, 30,05 euros.

-Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal: 2.500 pesetas, 15,03 euros.

-Proxeccións da poboación de Galicia. Tomo I: 3.500 pesetas, 21,04 euros.

-Proxeccións da poboación de Galicia. Tomo II: 2.500 pesetas, 15,03 euros.

-Atlas de empresas Galicia-Norte de Portugal: 2.500 pesetas, 15,03 euros.

-Comercio Intracomunitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: 2.000 pesetas, 12,02 euros.

-Indicadores sociais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: 2.000 pesetas, 12,02 euros.

-Indicadores de desenvolvemento económico e social das comarcas/concellos de Galicia e do Norte de Portugal: 1.000 pesetas, 6,01 euros.

-Táboas Input-Output de Galicia: 5.000 pesetas, 30,05 euros.

Artigo 4º.-Venda de explotacións de datos estatísticos.

Atendendo ás peticións de institucións ou particulares, o IGE poderá realizar traballos específicos a partir dos seus ficheiros básicos. A realización destes traballos estará suxeita á autorización do director do IGE, que valorará as dispoñibilidades de recursos e o interese da petición, reservando para

si o IGE o dereito á entrega dos datos no medio e formato que estime adecuado, dentro dos comunmente utilizados.

1. Por explotacións a medida cobrarase a suma de dous compoñentes:

a) Por datos subministrados:

5.000 ptas, 30,05 euros para peticións de menos de 500 datos.

10 ptas/dato, 0,06 euros para peticións de mais de 500 datos.

b) Polas horas dedicadas polo persoal (técnico estatístico ou informático) que a petición puidese requirir:

5.000 ptas/hora. persoa, 30,05 euros.

2. Pola cesión de rexistros de ficheiros ou directorios, segundo o previsto no artigo 30.2º da Lei de estatística de Galicia:

Primeiros 5.000 rexistros a 30 pesetas/Rex., 0,18 euros.

Do rexistro 5.001 ó 10.000 a 20 pesetas/Rex., 0,12 euros.

Do 10.001 en diante a 15 pesetas/Rex., 0,09 euros.

Artigo 5º.-Bonificacións.

De acordo do establecido no artigo 11.2º da Lei 13/1991, do 9 de decembro, establécese a gratuidade das publicacións para os organismos, entidades e autoridades que conforman a distribución institucional.

Así mesmo, respecto das explotacións de datos estatísticos, aplicarase esta gratuidade no caso das peticións solicitadas polos informantes periódicos do IGE e sempre e cando a petición non supere as 5.000 ptas.

Artigo 6º.-Para os efectos do establecido no artigo anterior enténdese por informante periódico do IGE aquel que facilita información ó instituto repetidas veces ó longo do ano.

Artigo 7º.-Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Disposición adicional

A xestión, liquidación e recadación dos prezos públicos establecidos neste decreto axústanse ó disposto no Decreto 172/1992, do 26 de xuño, e na Orde do 29 de xuño de 1994, da Consellería de Economía e Facenda.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados os Decretos 397/1994, do 29 de decembro, o 127/1996, do 14 de marzo e o 203/1997, do 24 de xullo, de prezos públicos percibidos polo Instituto Galego de Estatística pola venda das súas publicacións e/ou outros servicios de información que preste, tanto en soporte magnético como en papel.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda