Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.573

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xuño de 2000 pola que se resolve a convocatoria da do 17 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro), de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

A Orde do 17 de febreiro de 2000 (DOG nº 39, do 25 de febreiro) pola que se convocan e aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario prevé, respectivamente, nos seus anexos I, II e III, a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten, axudas para a formación de profesores en novas titulacións e axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ó informe-proposta elevado pola comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles unha bolsa para actualización do profesorado respecto da materia que imparten ás persoas que se relacionan no anexo I á presente orde, para realizar unha estadía no centro que se sinala, a partir da data e durante o período que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-Concederlle unha axuda para a formación de profesores en novas titulacións á persoa que se relaciona no anexo II á presente orde, para realizar unha estadía no centro que se sinala, a partir da data e durante o período que se especifica e na contía que se indica.

Terceiro.-Concederlles unha axuda para o financiamento de estadías de profesores visitantes ás universidades que se relacionan no anexo III á presente orde, para que os profesores que se citan realicen unha estadía a partir da data que se sinala, polo tempo que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Cuarto.-O pagamento das bolsas ás que se refiren os puntos primeiro, segundo e terceiro farase de acordo co establecido nas respectivas bases da convocatoria.

Quinto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 17 de febreiro suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12 do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Bolsas para a actualización do profesorado respecto da materia que imparten

(Orde do 17 de febreiro de 2000, DOG do 25 de febreiro)

Universidade de Santiago de Compostela

BolseiroDestinoDuración (meses)Data de inicioContía mensualAxuda institucionalTotal

Meike MelissIDS en Mannheim (RFA)127-11-200099.00010.000109.000

Feijoo Fernández, JaimeDepartamento de Literatura da

Universidade de Hamburgo

118-9-200099.00010.000109.000

García Menéndez, José RamónInstituto Latino-Americano de

Integración (Buenos Aires)

115-11-200099.00010.000109.000

Martínez Castro, RafaelAlemaña226-6-200099.00010.000208.000

Montes López, MaríaUniversitá per Stranieri

Perugia (Italia)

1.515-6-200099.00010.000158.500

Louzao Ojeda, Mª CarmenCollege of Veterinary Medicina

North Carolina State University

21-6-2000105.00010.000220.000

Total913.500

Universidade da Coruña

BolseiroDestinoDuración (meses)Data de inicioContía mensualAxuda institucionalTotal

Faraldo Cabana, PatriciaInstituto Max Planck de Derecho Penal

Internacional Comparado de Fiburgo

(Alemaña)

11-7-200099.00010.000109.000

Loureiro Montero, AlfonsoE.T.S de Arquitectura de Navarra11-8-200099.00010.000109.000

Rodríguez Romero, BeatrizCentre Tete D'Or de Lyon (Francia)1Setembro 200099.00010.000109.000

López Vázquez, José AntonioE.U. de I.T. Industrial de Valencia1Outubro 200099.00010.000109.000

Souto Camba, SoniaCenter for Ventilator Management

(Boston)

1,526-7-2000105.00010.000167.500

Arranz Pérez, MatildeSchool of Bussiness and Economics

University of Exeter

1,253-7-200099.00010.000133.750

Graña López, Manuel ÁngelE.U.de I.T.Industrial de Valencia1Outubro 200099.00010.000109.000

Total846.250

Universidade de Vigo

BolseiroDestinoDuración (meses)Data de inicioContía mensualAxuda institucionalTotal

Arias Sánchez, PedroDpto. Ing. Cartográfica, Xeodésica

e Fotogrametría U.P. Valencia

21-6-200099.00010.000208.000

La Fuente Giménez, Mª AnunciaciónFac. Medicina, Área de Toxicoloxía

Universidade da Laguna

11-7-200099.00010.000109.000

Ordóñez Galán, CelestinoE.T.S.I. de Camiños, Canles y Portos

de Santander

22-10-200099.00010.000208.000

Saco Álvarez, AlbertoCRSS da Universidade de Surrey

(Reino Unido)

11-7-200099.00010.000109.000

Total634.000

ANEXO II

Axudas para a formación de profesores en novas titulacións

(Orde do 17 de febreiro de 2000, DOG do 25 de febreiro)

Universidade de Santiago de Compostela

BolseiroDestinoSolicitado

(meses)

Concedido

(meses)

Data de inicioContía mensualAxuda institucionalTotal

Garcimartín Montero, Mª del CarmenUniversidade Complutense de Madrid

Dpto. Dereito Eclesiástico do Estado

84Setembro 200099.00010.000406.000

Total406.000

ANEXO III

Axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes 2000 (Orde do 17 de febreiro de 2000, DOG do 25 de febreiro)

Universidade de Santiago de Compostela

Profesor visitanteData

de chegada

Duración

da estadía

Contía

Caprara, Gian Vittorio1-11-20001 mes364.500

Graigmaill, Arthur Lorin15-5-20001 mes364.500

Garnica Silva, Antonio1-11-20001 mes364.500

Simon, Yvan1-11-20001 mes364.500

François Maurice X20-11-20001 mes364.500

Pavuna, Davor1-10-20001 mes364.500

Ivanov Kolev, Staytcho1-10-20003 meses1.093.500

Teodorescu, Mariana1-9-20001 mes364.500

Acevedo Iruing, Marta de1-11-20001 mes364.500

Castaño Salas, Héctor1-10-20002 meses729.000

Cid Lazo, Greco8-4-20002 meses729.000

Belkis, Valdman1-12-20001 mes364.500

Total16 meses5.832.000

Universidade da Coruña

Profesor visitanteData

de chegada

Duración

da estadía

Contía

Sydney Rosa Vieira01-11-200031.093.500

Aldo Borsese01-09-20002729.000

Pascal Bondon01-10-20001364.500

Marie Therese Neuilly01-12-20001364.500

José Mª Sáiz JabardoXuño 200062.187.000

Luis Yardazabal01-05-200031.093.500

TOTAL16 meses5.832.000

Universidade de Vigo

Profesor visitanteData

de chegada

Duración

da estadía

Contía

Jaramillo Lopetegui, Eduardo01-08-20001 mes364.500

Mark Page28-11-20001 mes364.500

Molles, Manuel1-9-20003 meses1.093.500

Ferreira Faro, LilianMaio de 20002 meses729.000

Buschiazo, Daniel Eduardo1-6-20001 mes364.500

Uriagereka, Juan10-12-20001 mes364.500

Profesor visitanteData

de chegada

Duración

da estadía

Contía

Vadja Tarielandze1-9-20005 meses1.822.500

Sossa Azuela, Humberto16-9-20002 meses729.000

Total16 meses5.832.000