Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

1. Título: proxecto e obra de construcción de 20 vivendas, garaxes e rochos en Riotorto. Lugo. Expediente: LU-99/020.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 10-5-2000.

Adxudicatario: J. Naray, S.L.

Importe: 177.504.367 ptas. (IVE incluído).

2. Título: obra de reparación dos tellados no grupo Muñoz Calero en Ribadavia. Ourense. Expediente: OU-99/REP02.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 10-5-2000.

Adxudicatario: Josybem, S.L.

Importe: 13.706.982 ptas. (IVE incluído).

3. Título: proxecto de reparacións xerais do grupo de 200 vivendas na segunda fase do polígono de Monteporreiro. Pontevedra. Expediente: PO-98/REP 10.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 10-5-2000.

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Importe: 71.160.000 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2000.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo