Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de administrativos do CIXTEC.

Ó abeiro do disposto na base 4.2 e 5 da Resolución do 2 de marzo de 2000, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de administrativos do CIXTEC, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 12 de xuño, pola que se declara aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos de administrativos do CIXTEC e se nomea o tribunal cualificador das probas.

As ditas listas e a composición están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, e poderán ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet http://www.cixtec.es.

Así mesmo, infórmase que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día 8 de xullo de 2000, ás 11 horas, no Instituto de Formación Profesional Superior das Fontiñas (fronte do edificio da policía autonómica), rúa Estocolmo, 5, As Fontiñas-Santiago de Compostela. O chamamento iniciarase ás 10.30 horas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable