Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de acordo de inicio de expediente sancionador 18/2000 a Luis Corujo Pombo de San Cosme de Barreiros (Lugo).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 18/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Mª Jesús Pulido García e Luis León Rumbo, contra Luis Corujo Pombo, finalizando este

trámite co acordo de inicio de expediente sancionador por non destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor: acordo de inicio de expediente sancionador 18/2000.

Vista a denuncia presentada por Luis León Rumbo e Mª Jesús Pulido García e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data 8 de novembro de 1999 recibíronse uns escritos, na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, denunciando posibles irregularidades na ocupación dalgunhas vivendas correspondentes ó grupo de vivendas de promoción pública de San Cosme de Barreiros (Lugo) acollidas ó expediente LU-83/030.

2. Que os días 10 e 16 de novembro e 13 de decembro de 1999 se levaron a cabo visitas de inspección a tódalas vivendas denunciadas, constatando, segundo se reflicte nas actas de inspección números 28, 46 e 61/1999, que a vivenda arriba sinalada está desocupada segundo manifestan os veciños.

3. O 23 de novembro de 1999 iniciáronse trámites de información reservada ó existir indicios do incumprimento por parte do titular da obriga de ocupa-la vivenda de forma permanente e habitual. Así, solicitáronse con data do 15 de decembro de 1999 informes socioeconómicos da asistencia social, certificados de convivencia e consumos de auga referidos ó ano 1999. Ó mesmo tempo con data do 15 de decembro de 1999 requiriuse de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. certificado de consumo de enerxía eléctrica.

4. Que o Concello de San Cosme de Barreiros non deu resposta á petición formulada, polo que se carece dos datos solicitados ó respecto. Si se proporcionaron os datos interesados pola entidade subministradora de enerxía eléctrica (BEGASA), os que se encontran incorporados ó expediente.

5. Que polo mesmo motivo de falta de ocupación habitual da vivenda da que é adxudicatario, seguiuse expediente sancionador 9/97, o que finalizou con resolución pola que se viña a impoñer a Luis Corujo Pombo unha sanción consistente en multa de 100.001 pesetas a cal adquiriu estado de firmeza.

6. Con data 5 de abril de 2000 e á vista da información reservada practicada proponse a incoación de expediente sancionador a Luis Corujo Pombo, titular da vivenda de promoción pública situada na rúa Vila , nº 84 baixo C, de San Cosme de Barreiros (Lugo), construída ó amparo do expediente LU-83/030.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de acordo co disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio (DOG número 109, do 9 de xuño de 1997).

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora Real decreto 1398/1993 do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e de conformidade co artigo 16.1º do regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados a partir da notificación do presente acordo para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que terán a cualificación de infraccións graves:...c) O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitaadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses da que aparece como presunto responsable Luis Corujo Pombo, podéndolle sancionar con multa de 100.001 ata 500.000 pesetas, sen prexuízo do que resulte de tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, ó instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación recollido nos artigos 28 e 29 da mencionada lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda,

ACORDA:

Primeiro.- Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Luis Corujo Pombo, como presunto responsable dos feitos sinalados.

Segundo.-Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez e como secretario Ángel Negrete Rico.

Terceiro.-Conceder un prazo de quince días para achegaren os interesados cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenden valerse.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados para os efectos oportunos.

Lugo, 18 de maio de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado povincial de Lugo