Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO ONCE DE MADRID

EDICTO (D-118/2000).

Ángel J. Zuil Gómez, secretario do Social número once dos de Madrid e a súa provincia, fai saber que nestas actuacións que se seguen neste xulgado por instancia de Federico Tomás Ansón Jiménez, contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Grupo Star Computer, S.L., en reclamación por procedemento ordinario (cantidade), rexistrado co número D-118/2000, se dictou sentencia cunha decisión do teor que consta na copia simple que se xunta.

E para que lle sirva de notificación ó Grupo Star Computer, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no BOP da Coruña, así como para a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto.

Madrid, catro de maio de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado

«Decido:

Que, estimando a demanda formulada por Federico Tomás Ansón Jiménez, contra Grupo Star Computer, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a empresa demandada ó pagamento de 686.948 pesetas (seiscentas oitenta e seis mil novecentas corenta e oito pesetas) de principal, así como ó aboamento do 10% anual de xuro por mora, desde que o principal debeu aboarse ata a data desta resolución, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese alcanzar ó Fondo de Garantía Salarial.

Notifícaselles esta sentencia ás partes coa advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe formular recurso de suplicación ó Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, o cal deberá anunciarse neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando para iso a simple manifestación da parte ou do seu avogado, ou o seu representante ó facerlle a notificación daquela, do seu propósito de interpoñelo ou ben por comparecencia ou por escrito das partes, do seu avogado ou o seu representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ó tempo de anuncia-lo recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado co nº 5011 no Banco Bilbao-Vizcaya, na rúa Basílica, 19, de Madrid (facendo constar no ingreso o número do expediente).

Así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso, consigna-la suma de 25.000 pesetas en concepto de depósito da dita conta bancaria (facendo constar no ingreso o número de expediente).

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación:

Esta sentencia foi lida e publicada no día da súa data polo maxistrado xuíz Segismundo Crespo Valera, que a subscribe, na sala de audiencias deste xulgado. Dou fe.