Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (139/1999).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dou fe de que nos autos de referencia dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Negreira, sete de febreiro de dous mil.

Juan José Rodríguez-Segade Villamarín, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta vila e o seu partido, vistos estes autos de separación matrimonial nº 139/1999, tramitados conforme as normas da disposición adicional quinta da Lei 30/1981, do 7 de xullo, por instancia de Mª Isabel Crismán Riveiro, maior de idade, casada, veciña de Brión, con domicilio en Cirro-Os Ánxeles, representada polo procurador Julio Barreiro Fernández e asistida polo letrado Juan Carlos García Maceira, contra Eduardo de Jesús Bustelo, maior de idade, veciño de Padrón, con domicilio na Picaraña.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Julio Barreiro Fernández, en nome e representación de María Isabel Crismán Riveiro, contra o seu esposo Eduardo de Jesús Bustelo, declaro a separación de ámbolos cónxuxes, acordando respecto dos seus bens de disolución do réxime económico matrimonial, con efectos de determinar en execución de sentencia se así se solicita todo iso, sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

En canto sexa firme esta resolución, contra a que cabe recurso de apelación no prazo de cinco días desde a data da súa notificación para a audiencia provincial desta provincia, comuníqueselle de oficio

ó Rexistro Civil de Brión, ó que se lle achegaría testemuño dela, co fin de anota-la súa parte dispositiva na correspondente inscrición de matrimonio.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado, que se encontra en ignorado paradoiro, Eduardo de Jesús Bustelo, expido, selo e asino este edicto en Negreira, o 8 de maio de 2000.

Rubricado