Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DA CORUÑA

EDICTO (450/1999).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número seis dos da Coruña e o seu partido, en autos de cognición nº 00450/1999, seguidos por instancia de entidade Graneles Las Traviesas, S.L., representada polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, contra José Manuel Fontenla Fernández e a entidade Estación de Servicio Las Traviesas, S.L.

Por medio deste edicto notifícaselle a sentencia, cunha decisión que literalmente se transcribe, á entidade Estación de Servicio Las Traviesas, S.L.

«Que, estimando a demanda formulada pola representación da entidade mercantil Graneles Las Traviesas, S.L., contra José Manuel Fontenla Fernández

e a entidade Estación de Servicio Las Traviesas, S.L., debo declarar e declaro que o vehículo marca Mercedes-Benz, modelo 300 D Turbo, matrícula C-6542-BK, embargado na executoria do xuízo de cognición nº 528/1997 deste xulgado como da propiedade da entidade Estación de Servicio Las Traviesas, S.L., pertence en pleno dominio á demandante, ordenando consecuentemente o alzamento do embargo realizado sobre este, quedando á libre disposición da demandante; todo iso sen facer expreso pronunciamento en custas.

Ó notificárselles esta resolución ás partes, fáganse as indicacións contidas no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial».

E para que conste e lle sirva de notificación á entidade Estación de Servicio Las Traviesas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, dezanove de maio de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado