Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.499

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se publica o programa das probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista en medios audiovisuais convocada por Resolución do 9 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño).

Advertida a omisión do anexo II na Resolución do 9 de maio de 2000, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista en medios audiovisuais, publicada no DOG nº 111, do 8 de xuño de 2000, este rectorado, ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), procede a súa publicación.

A Coruña, 8 de xuño de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO II

Programa das probas

Técnico especialista de medios audiovisuais

Módulo I. Lexislación universitaria.

1. A Universidade da Coruña. Estructura. Órganos de Goberno.

Centros, departamentos, institutos, servicios. Rector, vicerrectores, secretario xeral, xerente, decanos, directores, outros órganos unipersoais. Órganos colexiados: Consello Social, Claustro, Xunta de Goberno, xuntas de centro, consellos de departamento e institutos.

2. O persoal docente e investigador na Universidade da Coruña.

Clases e réxime xurídico do profesorado universitario.

3. O persoal de administración e servicios na Universidade da Coruña.

Clases e réxime xurídico do persoal de administración e servicios.

4. O estudio e a investigación na Universidade da Coruña.

Estudios de 1º e 2º ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao. A organización da investigación. Contratos, convenios e cursos de especialización.

Módulo II. Fundamentos.

1. Nocións básicas de electricidade e electrónica.

Corrente continua. Lei de Ohm e leis de Kirchoff. Piar. Baterías. Amperímetros. Voltímetros. Corrente alterna. Díodos. Transistores. Modulación de amplitude e de frecuencia. Conceptos xerais de técnicas dixitais.

2. O son.

Características físicas. Programación do son. Comportamento das ondas sonoras. Calidades do son. Medida de control do sinal de audio. O decibelio.

3. Fisioloxía da audición.

Proceso descodificador. A voz. Características da voz humana e do aparello fonador.

4. Os micrófonos: características e tipos.

Diagrama polar do micrófono. Planos de son. Tomas de son en exteriores e en estudio. Cables e conectores de audio.

5. Mesas de mesturas de audio.

Periféricos. Principais unidades de almacenamento de datos.

6. Sistemas operativos.

Características e tipos. Selector de sensibilidade. Niveis micro e liña. Alimentación para micrófonos. Filtros. Ecualizadores. Atenuador de canle. Preescoita. Só mute. Selector de saídas. Saídas principais e saídas auxiliares. Monitorización. Medidores de nivel. Comunicación entre control e estudio.

7. Fundamentos da gravación magnética de audio.

Factores que interveñen no proceso de rexistro. Magnetófonos, características, tipoloxía e funcións. sistemas informáticos de tratamento, conservación, manipulación e xeración de son. Soportes dixitais de audio.

8. Colorimetría.

Natureza da luz. Tricromía. Leis de Grassman. Triángulo internacional da cor. Óptica. Lentes. Tipos de lentes. Obxectivos, características e tipos. Distancia focal. Luminosidades e números F. Profundidade de campo. Diafragma. Ganancia. Balance de brancos. Filtros. Fontes de iluminación: tipos de lámpadas, tipos de proxectores. Esquemas básicos de iluminación.

9. A imaxe televisiva, análise e síntese.

Varrido entrelazado. O sinal de televisión e cor. Codificadores e sistemas. Barras UER. Distorsión do sinal de vídeo. Monitor de forma de onda. Vectorscopio.

10. Construcción da imaxe.

Concepto de composición e encadramento. Angulacións e movementos de cámara. Valor descritivo e expresivo do plano: os tamaños. A toma, o plano, a escena, a secuencia. O plano-secuencia. O plano máster. A continuidade narrativa (reccord). Os eixes de acción. Transicións. Elipses.

11. A cámara de vídeo, características e tipos.

Compoñentes. Sensores CCD. Controis de cámara: barras/ganancia, temperatura de cor, selector de filtro e balance de brancos. Operación manual coa cámara. Soportes de cámara.

12. Gravación magnética do sinal de vídeo.

Fundamentos. Formatos profesionais, semiprofesionais e domésticos. Gravación dixital de vídeo. Magnetoscopios, características e tipos. Percorrido do sinal de vídeo nun magnetoscopio en gravación e reproducción. Sinais de entrada e saída. Cables e conectores de vídeo.

13. Técnicas de edición, unidades básicas e complexas.

Edición por ensamblaxe. Edición por inserto. Edición lineal e non lineal. Edición «of-line» e «on-line». Conceptos básicos de montaxe. O ritmo na montaxe. A continuidade. A montaxe sonora. Técnicas de posproducción de vídeo e audio. Posibilidades das mesas de mestura e xeradores de efectos dixitais. As librerías dixitais e o deseño gráfico por ordenador.

Módulo III. Parte específica.

1. Tecnoloxía da cámara.

Tipos de cámaras e as súas características. Cámaras de mediano e gran formato. Cámaras dixitais. Tipos de obturadores. Obxectivos especiais. Lentes de aproximación. Convertedores.

2. Técnicas da toma de fotografías.

Ángulo de toma. Perspectiva. Enfoque, lonxitude focal e profundidade de campo. Encadramento e iluminación. Corpos en movemento. Exposición. Efecto Schwarzschild.

3. Películas.

Tipos e características. Sensibilidade. Sensibilidade cromática. Gradación. Películas especiais. Formatos e presentacións.

4. Filtros.

Efectos na fotografía en branco e negro. Filtros de corrección para películas en cor.

5. Iluminación artificial.

Flashes, lámpadas fotográficas: incandescentes, halóxenas, de descarga, fluorescentes, de vapor de sodio, de xenon, etc.

6. Macrofotografía.

Tempo de exposición. Lonxitude focal. Obxectivos especiais. Iluminación. Fotografía de maquetas.

7. Proxección.

Equipos. Automatización. Fundidos. Exposicións e audiovisuais. Sincronización.

8. Reproducción de fotografías e planos.

Iluminación. Equilibrio de cor. Obxectivos específicos.

9. Revelado e positivado en branco e negro.

O laboratorio. Revelado da película. Preparado de líquidos. Reveladores compensadores, de grao fino, aumentadores de sensibilidade. Os contactos. Positivado de papel. Tipos de papel, multigrao. A ampliadora. Control de contraste, de densidade. Retoque. Alteración do intervalo tonal. Corrección de negativos. Películas de liña e tramas. Montaxe de fotogramas, sandwiches. Baixorrelevo, solarización, virado, reducción, texturado.

10. Revelado e positivado en cor.

Películas, exposición, filtraxe. Procesado das copias. Diapositivas. Procesos de revelado. Positivado por inversión, destrucción de tinguiduras, papeis inversibles.

11. Fotografía para publicacións.

Fotomontaxe. Maquetación. Scáneres de tambor, de transparencias. Imaxes dixitais, o seu tratamento. Máscaras de corte, reservas, seleccións, transparencias. Sistemas de cor RGB, CYMK, duotons, cor LAB. Filmacións, separación de cor, pranchas Hexachrome. Preimpresión, fotolitos.

12. Videoconferencia.

Equipos. Liñas RDSI. Fibra óptica, ATM. Transmisión do sinal de vídeo e de audio. Comprensión. Protocolos. Taxa de transferencia. Conexión a equipos externos.