Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.418

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VII á Orde do 29 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro de 2000), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 29 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro de 2000), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas de bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria, prevé, no seu anexo VI, a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo a proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 21 de

abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 12 de maio), modificado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 5 de maio). Esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

Servicio de Publicacións da Universidade da Coruña:

-Publicación: Anuario da Facultade de Dereito.-Contía: 450.000.

-Publicación: Boletín de la ETSA.-Contía: 270.000.

-Publicación: Cadernos-Laboratorio Xeolóxico de Laxe.-Contía: 450.000.

-Publicación: Lenguaje y Textos.-Contía: 180.000.

-Publicación: Revista de Lexicografía.-Contía: 350.000.

-Publicación: Revista Galega de Psicopedagoxía.-Contía: 450.000.

-Publicación: Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación.-Contía: 150.000.

-Publicación: Sociológica.-Contía: 180.000.

Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela:

-Publicación: Agora: Papeles de Filosofía.-Contía: 450.000.

-Publicación: Boletín Galego de Literatura.-Contía: 620.000.

-Publicación: Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela.-Contía: 450.000.

-Publicación: Nacc: Nova Acta Científica Compostelana.-Contía: 450.000.

-Publicación: Obradoiro de Historia Moderna.-Contía: 360.000.

-Publicación: Moenia: Revista Lucense de Lingüística e Literatura.-Contía: 450.000.

-Publicación: Innovación Educativa.-Contía: 360.000.

-Publicación: Revista Galega de Economía.-Contía: 500.000.

-Publicación: Semata: Ciencias Sociais e Humanidades.-Contía: 530.000.

-Publicación: Verba: Anuario Galego de Filoloxía.-Contía: 710.000.

-Publicación: ADAXE: Revista de Estudios e Experiencias Educativas.-Contía: 300.000.

-Publicación: Cuadernos Compostelanos de Derecho Romano.-Contía: 200.000.

Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo:

-Publicación: Babel-Afial.-Contía: 200.000.

-Publicación: Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación.-Contía: 470.000.

-Publicación: Minius.-Contía: 270.000.

-Publicación: Cooperativismo e Economía Social.-Contía: 200.000.

-Publicación: Thalasas. Revista de Ciencias del Mar.-Contía: 530.000.

-Publicación: Hesperia-Anuario de Filología Hispánica.-Contía: 250.000.

Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC):

-Publicación: Cuadernos de Estudios Gallegos.-Contía: 220.000.

Grupo de investigación de bioética de Galicia:

-Publicación: Cadernos de Bioética.-Contía: 300.000.

Grupo Marcelo Macías:

-Publicación: Boletín Auriense.-Contía: 300.000.

Grupo Micolóxico Galego:

-Publicación: Mikes.-Contía: 200.000.

Centro de Innovación e Servicios de Galicia (CIS-Ferrol):

-Publicación: Sala de Cad.-Contía: 200.000.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no punto primeiro desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso debe entenderse que quedan denegadas por non acadaren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-De acordo co establecido no punto 4 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de outubro de 1999, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento