Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.418

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de xuño de 2000 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Aquae Querquennae Vía Nova.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Aquae Querquennae Vía Nova, con domicilio en Porto Quintela (Ourense).

Supostos de feito.

1. A fundación, en escrito do 10 de maio de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 2 de decembro de 1999, ante o notario José Antonio Montero Pardo, co número dous mil seiscentos oitenta e cinco do seu protocolo, por Darío Villanueva Prieto, Antonio Rodríguez Colmenero e José Carlos Mario Torrado Vázquez; interveñen Darío Villanueva Prieto no exercicio do seu cargo, Antonio Rodríguez Colmenero como director, en representación do Grupo de Investigación Arqueológica Larouco, e José Carlos Mario Torrao Vázquez en representacción de Unión Fenosa, S.A.

3. Segundo consta no artigo catro dos estatutos, o obxecto da fundación é protexer, estudiar e promociona-lo complexo arqueolóxico de Aquae Querquennae, así como os sectores da Vía Nova (XVIII) Romana.

4. O padroado da fundación estará constituído polas persoas designadas no artigo 8 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación Aquae Querquennae Vía Nova, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba

o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 30 de maio de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Aquae Querquennae Vía Nova e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública