Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.389

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (778/1999).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo

de faltas 778/1999 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

María Ángeles Lamas Méndez, xuíza de instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 778/1999, seguida por unha falta de lesións contra José Carlos Remexeiro Pereira, na que foron partes o Ministerio Fiscal, Arturo Bello Castro e Silvia Brea Crego en calidade de denunciantes.

Decido que debo absolver e absolvo a José Carlos Remexeiro Pereira con tódolos pronunciamentos legais favorables, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a súa notificación.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Carlos Remexeiro Pereira, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o dezaoito de maio de dous mil.

O secretario

Rubricado