Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.389

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (482/1999).

En cumprimento do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Antonio Torre Bellota, no xuízo verbal de faltas número 482/1999 que se segue neste xulgado por furto, cítese en legal forma a María Delia Sabarís Torres, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día dezanove de xullo, ás 9.45 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoa que, de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma e para a súa publicación no DOG, expido e asino esta cédula en Ribeira, o 19 de maio de 2000.

O secretario

Rubricado