Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.389

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (113/1998).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 113/1998 se acordou citar a Juan Antonio Nores Iglesias, co fin de que asista ó xuízo de faltas sinalado para o día 21 de xuño de 2000, ás 10 horas, en calidade de denunciado, por unha falta de lesións, feitos acontecidos en Padrón o 4 de novembro de 1995. É denunciante Rosa Alejandra Dacosta Arduiño. Pode asistir acompañado das probas das que intente valerse e ser asistido de letrado, se o desexa.

E para que conste e lle sirva de citación a Juan Antonio Nores Iglesias, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o dezaoito de maio de dous mil.

O secretario

Rubricado