Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.388

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (511/1999).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 511/1999 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

«Visto por María Ángeles Lamas Méndez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido xudicial, este xuízo de faltas 511/1999, por ameazas, no que foron partes, como denunciante José Manuel Zarauza Menéndez e, como denunciados, Juan José González Perol e Juana Andrade Núñez, dos que constan en autos as circunstancias persoais.

Decido que absolvo libremente a Juan José González Perol e Juana Andrade Núñez dos feitos que orixinaron esta causa, declarando de oficio as custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación neste xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Manuel Zarauza Menéndez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o dezaseis de maio de dous mil.

O secretario

Rubricado