Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Aprobado polo Pleno do Concello na súa sesión celebrada o día 5 de xuño de 2000, o prego de condicións técnicas e económico administrativas para a contratación, por concurso e mediante procedemento aberto, da xestión do servicio de limpeza viaria, recollida domiciliaria de lixo, subministración, distribución e mantemento de recipientes normalizados e transporte dos residuos do municipio de Vilalba, en réxime de concesión administrativa.

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a xestión do servicio de limpeza viaria, recollida domiciliaria do lixo, subministración, distribución e mantemento de recipientes normalizados e transporte dos residuos do municipio de Vilalba, en réxime de concesión administrativa.

2. Duración do contrato: 20 anos improrrogables, computados estes a partir do inicio do servicio.

3. Tipo de licitación: establécese como tipo de licitación a cantidade anual de sesenta millóns de ptas. (60.000.000), 360.607,2626 euros, incluído o IVE e calquera outro imposto que resulte de aplicación, que constitúe o prezo máximo do contrato.

4. Procedemento e forma de adxudicación: o contrato adxudicarase por concurso e procedemento aberto.

5. Proposicións, lugar e prazo de presentación: os licitadores poderán presentar proposicións dentro do prazo de 20 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP da provincia de Lugo.

Cada licitador só poderá presentar unha proposición, cun máximo de dúas variantes.

6. Garantía provisional: 1.200.000 ptas.

7. Garantía definitiva: 4% do orzamento do contrato.

8. Criterios de adxudicación: os sinalados no prego de condicións técnicas e económico-administrativas.

9. Documentación: a información e documentación estará á disposición dos interesados na Secretaría do Concello de Vilalba.

Teléfono: 982 51 03 05. Fax: 982 51 18 15.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o que figura no prego de cláusulas.

12. Reclamacións: poderán presentarse reclamacións contra o prego de condicións, no rexistro xeral do concello durante o prazo de 8 días hábiles contados a partir da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, da provincia de Lugo. Ó mesmo tempo e de conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto 781/1986, anúnciase simultaneamente o concurso, se ben, no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego de condicións, o concurso quedará aprazado ata que estas se resolvan.

O custo deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vilalba, 8 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado