Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E. IV-12 Ramón Nieto, 6 (expediente 4164/401).

O consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 1 de xuño de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E. IV-12 Ramón Nieto 6 (expediente 4164/401), presentado pola entidade Pirsa O Gorve, S.A., e redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, con visado do COAG con data do 18 de outubro de 1999, coas seguinte precisións:

-Ó preverse un sistema separativo de rede de sumidoiros, os rexistros levarán tapas que indiquen a que rede pertencen, saneamento ou pluviais. Cando se rematen as obras e para a súa recepción, entregaranse planos definitivos en soporte magnético.

-A localización exacta dos puntos de luz será definida conxuntamente polos técnicos municipais no planeamento (replanteo) previo á execución da instalación.

-As canalizacións de gas deberanse adaptar ós planos adxuntos de detalle de tubos enterrados en zonas axardinadas baixo beirarrúas e baixo calzada.

-A canalización discorrerá preferentemente pola beirarrúa, debendo sinalizarse claramente en superficie a traza mediante placas indicativas, que deberán indica-la traza de rede e os cambios de dirección. A distancia entre placas non deberá superar, en ningún caso, os 25 metros.

A aprobación definitiva do proxecto de urbanización está suxeita á condición suspensiva de prestación do aval polo 100% do orzamento das obras e que ascende as 65.102.000 pesetas.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición, ante o consello Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñerse.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 6 de xuño de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo