Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a adxudicación da concesión administrativa do aproveitamento privativo do inmoble chamado Mercado da Pedra sito no subsolo da praza da Pedra de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Patrimonio e Contratación, nº de expediente: 12292/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: concesión do aproveitamento privativo mediante xestión, instalación e explotación de actividades comerciais da edificación chamada mercado da Pedra.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo da concesión: 30 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo: 6.392.047 ptas./ano.

5. Garantías: provisional: 1.000.000 de ptas. Definitiva: 4.236.024 ptas.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48 e fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: data límite: 20 días hábiles seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XIV do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 deste anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó da cláusula XIV do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán pola conta dos adxudicatarios.

Vigo, 29 de maio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde