Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegras as bases para a provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal e no cadro laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público de 1999.

As prazas que se convocan son as seguintes:

A) Cadro de persoal:

-1 praza de técnico superior de laboratorio. Grupo A, nivel 26. Título de licenciado en químicas

coa especialidade de química industrial, ou enxeñeiro industrial coa especialidade de químicas. Oposición libre.

-1 praza de delineante, técnico auxiliar de administración especial. Grupo C nivel 19. Formación profesional de 2º grao, rama delineación. Oposición libre.

-1 praza de auxiliar de arquivo, persoal de oficios. Grupo D nivel 16. Oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

-2 prazas de encargado capataz de camiños, por promoción interna vertical e 1 praza de capataz de camiños, promoción interna horizontal. Grupo D nivel 17. Concurso oposición, titulación académica esixida para o grupo D.

-1 praza de técnico prevencionista, grupo B nivel 24, con título de enxeñería civil ou enxeñeiro técnico civil. Concurso oposición libre, con curso de especialización de 600 horas en seguridade no traballo.

-1 praza de técnico prevencionista, grupo B nivel 24, con título de medicina ou diplomado en enfermería, curso de 600 horas en hixiene industrial. Concurso oposición libre.

-1 praza de oficial técnico de laboratorio, técnico auxiliar de administración especial. Grupo C nivel 19. Promoción interna vertical, concurso oposición. Título académico grupo C ou formación profesional 2º grao; ou 10 anos de servicio no grupo D e titulación académica do mesmo grupo D, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994.

-1 praza de laborante, persoal de oficios, grupo E nivel 14, provisión por concurso oposición promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

-3 prazas de legoeiros especialistas, persoal de oficios, grupo E nivel 14, provisión mediante concurso oposición promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

B) Cadro laboral:

-1 praza de oficial administrativo, persoal de oficios, asimilada ó grupo C nivel 19, provisión por concurso oposición promoción interna vertical, de entre auxiliares de oficina do cadro laboral, título académico do grupo C.

-4 prazas de auxiliares notificadores en recadación, persoal de oficios, asimiladas ó grupo D nivel 16, concurso oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

-12 prazas de conductores especialistas, persoal de oficios, asimiladas ó grupo D nivel 16-17, provisión por concurso oposición. Delas 6 prazas por promoción interna vertical e 6 prazas libres. Título

académico do grupo D (certificado de escolaridade ou equivalente). Permiso de conducir clase D.

-14 prazas de legoeiros, asimiladas ó grupo E, administración especial, persoal de oficios, operario. Delas sete (7) por concurso oposición libre e sete (7) por oposición libre. Certificado de escolaridade. As solicitudes presentaranse con independencia para a oposición libre e para concurso oposición libre, expresando claramente en que grupo se inclúe. Nas solicitudes da oposición libre non se poden facer constar nin alegar méritos que só se terían en conta na fase de concurso.

-4 prazas de capataces de camiños, persoal de oficios, asimiladas ó grupo D nivel 17, provisión mediante concurso oposición por promoción interna horizontal, sen amortización das prazas de procedencia, título académico do grupo D.

-2 prazas de laborantes, persoal de oficios, asimiladas ó grupo E nivel 14, provisión por concurso oposición por promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

-3 prazas de legoeiros especialistas, persoal de oficios, asimiladas ó grupo E nivel 14, provisión por concurso oposición por promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ó da publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Tamén se poderán presentar presentar na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Nos casos de concurso ou concurso-oposición, á solicitude deben unírselle os xustificantes dos méritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o pagamento dos dereitos de exame polos seguintes importes, achegando coa solicitude o pertinente xustificante: para as prazas do grupo A ou asimilados: 3.000 ptas.; grupo B ou asimilados: 2.250 ptas.; grupo C ou asimilados: 1.250 ptas.; grupo D ou asimilados: 1.000 ptas.; e grupo E ou asimilados: 750 ptas.

A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense), ou solicitándoo ó teléfono: 988 38 51 00 ou fax: 988 38 51 84.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, e no BOP de Ourense cando proceda, de acordo coas bases das probas selectivas.

O que se publica de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 25 de maio de 2000.

O presidente

Rubricado