Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 4 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o concello pleno en sesión celebrada o día 8 de maio de 2000 acordou aprobar inicialmente, por instancia de Construcciones Gacio, S.L., a modificación por división do polígono urbanístico número 9 do PXOU dando lugar a un novo denominado 9-T dunha superficie de 1.224,45 m.

Durante o prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o

caso, as reclamacións que consideren oportunas. No suposto de que non se presentase nungunha reclamación ou alegación, o acordo entenderase elevado automaticamente a definitivo.

Ribadeo, 10 de maio de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde