Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ribeira de Piquín.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: é obxecto deste concurso a concesión do servicio de café-bar da praia fluvial do Chao de Pousadoiro.

b) Prazo da concesión: cinco anos.

c) Orzamento base de licitación ou canon da concesión: 60.000 ptas. anuais, IVE incluído.

d) Garantías: provisional 2% do tipo de licitación e 4% definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Concello de Ribeira de Piquín, O Chao de Pousadoiro, s/n. C.P. 27242. Teléfono: 982 33 36 01, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Horario: das 9 ás 14 horas.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas que rexen o concurso.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo ou no DOG.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Ribeira de Piquín, O Chao de Pousadoiro, s/n.

7. Apertura de ofertas: será realizada pola mesa de contratación, na casa do concello, ás 10 horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ribeira de Piquín, 9 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado