Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO de licitación.

O alcalde-presidente, por resolución do 18 de maio de 2000, acordou darlles aprobación ós expedientes de contratación das seguintes obras municipais:

Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e da rede viaria local 2000.

a) Saneamento no Laxido: 12.000.000 de pesetas, prezo de licitación.

b) Pavimentación pistas: 12.591.980 pesetas, prezo de licitación.

c) Saneamento Marquesa, Batán: 15.000.000 de pesetas, prezo de licitación.

Procédese a anuncia-la licitación das obras de referencia segundo os seguintes:

1º. Procedemento de licitación: aberto.

2º. Forma de adxudicación: concurso público.

3º. Pregos: pregos-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, das obras comprendidas nos plans provinciais (BOP nº 77, do 3 de abril de 2000, páxina 3.077 e seguintes, anexo A.2).

4º. Anexos ós pregos: constan nos expedientes de referencia.

5º. Presentación de ofertas: vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no último dos diarios oficiais en publicalo (BOP e DOG).

6º. Lugar de presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Rianxo en días hábiles, das 9 ás 13 horas, ou por calquera dos medios establecidos na lexislación vixente.

7º. Apertura da oferta económica e técnica: o 5º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, no salón de plenos da Casa do Concello, ás 20 horas (se coincide en sábado, demorarase ata o luns seguinte ou o inmediato hábil posterior se este coincide en festivo).

8º. Garantías provisionais: 2% dos prezos de licitación.

Os interesados poden obter copia dos expedientes, proxectos e pregos cos seus anexos na Secretaría do Concello de Rianxo, e para tal efecto solicitar informes ó teléfono 981 86 00 75/76.

O custo deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 1 de xuño de 2000.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde