Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1172/2000).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 2 de xuño de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por quince votos a favor e doce en contra, acordou:

1. Aprobar inicialmente, por pedimento de Basilio Martínez Serodio, en representación de Xardín das Burgas, S.A. a modificación puntual do PXOU de Ourense para a implantación dun equipamento termal na zona de mananciais, coñecida como Xardíns das Burgas, condicionada o cumprimento das condicións sinaladas no informe da CPTOPV con data do 24 de maio de 2000.

2. Somete-lo expediente ó período de información pública por un prazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia e notificación persoal os interesados no expediente».

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento e Xestión Urbanística, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Ourense, 7 de xuño de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente