Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia S2000/67).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: S2000/67.

2. Obxecto do contrato: subministración por lotes de maquinaria e ferramentas con destino ó Centro Municipal de Formación. Prazo de entrega: farase

ó ritmo que esixan as necesidades municipais, e non poderá ser superior a dez días a partir da data da petición.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: véxase epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematanto ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: sí.

9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado