Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 4/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data 9 de maio de 2000, dictou o seguinte acordo:

Primeiro.-Deixar sen efecto o expediente de delimitación do polígono G3.09 Ángel Rebollo incoado por erro ó estar delimitado o dito polígono no propio Plan xeral de ordenación municipal.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación do citado polígono redactado polos técnicos municipales.

Terceiro.-Someter a información pública o citado proxecto por prazo de vinte días para efectos de presentación de alegacións.

O que se publica para xeral coñecemento e en particular para notifica-lo propietario da parcela nº 2 do proxecto (referencia catastral 8232016) do que a identidade resulta descoñecida para esta administración, indicando que o expediente permanecerá exposto ó público por prazo de vinte días durante os que poderá ser consultado o expediente nas dependencias do Servicio de Urbanismo, de luns a venres, entre as 12 e as 13.30 horas, así como presentar cantas alegacións estimen pertinentes.

A Coruña, 15 de maio de 2000.

P.D.

O alcalde