Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

ANUNCIO de licitación.

Contratación, por procedemento aberto mediante concurso e polo trámite de urxencia, da obra de pavimentación da rede viaria municipal no Concello de Castrelo de Miño.

Obxecto do contrato: pavimentación da rede viaria municipal no Concello de Castrelo de Miño.

Lugar de execución: Concello de Castrelo de Miño.

Prazo de execución: seis meses.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento base de licitación: 60.000.000 de ptas. 360.607,26 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Concello de Castrelo de Miño. Outros datos: lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego: Oficode, S.L. Rúa Juan XXIII, nº 3, locais 3 e 4. Teléfono: 988 37 06 05. Fax: 988 37 06 95.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Presentación das ofertas. Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó desta publicación. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Castrelo de Miño, das nove ás trece horas.

Anuncio extenso: BOP de Ourense, nº 126, do 3 de xuño de 2000.

Castrelo de Miño, 6 de xuño de 2000.

José Feijóo Villanueva

Alcalde