Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán na contratación que se menciona neste edicto, en Comisión de Goberno, con data do 19 de maio de 2000, faise público que poderán ser obxecto de exame e reclamacións, na secretaría deste concello, durante o período de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e DOG, de conformidade co establecido no artigo 122 do Real

decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, de contratos das administracións públicas.

Igualmente, e coa salvidade do disposto no 122.2º do 781/1986, anúnciase a contratación de:

Instalacións deportivas en Guntín (cuberta de bancadas campo de fútbol e muro de peche piscina).

Entidade adxudicadora: Concello de Guntín de Pallares. Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

1. Obxecto: realización, por procedemento aberto mediante a forma de concurso, das obras de instalacións deportivas en Guntín (cuberta de bancadas campo de fútbol e muro de peche piscina).

2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente; procedemento: ordinario e forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.750.000 pesetas.

5. Garantías.

-Provisional: 2% (dous por cento do orzamento de licitación, que supón 95.000 pesetas).

-Definitiva: 4% (catro por cento do tipo de adxudicación).

6. Obtención da documentación e información.

Entidade: Concello de Guntín. Estrada de Santiago de Compostela, nº 12. C.P. 27211. Teléfono: 982 32 00 01. Fax: 982 32 00 88. Data límite de obtención de información: día hábil anterior ó de finalización do prazo de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

8.1. Data límite: 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG ou BOP. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que sinala o prego de condicións.

8.3. Lugar de presentación: Concello de Guntín. Rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciándolle ó concello a remisión de oferta mediante fax, telex, ou telegrama no mesmo prazo.

Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo, en todo caso, notificalo na forma sinalada anteriormente.

8.4. Datos do lugar de presentación: figuran no punto 6.

8.5. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

9. Apertura de documentación: 3º día hábil (agás sábados) seguinte ó do remate do prazo de presentación, ás 12 horas, pola mesa de contratación na sede do concello.

10. Outras informacións: sede do concello (secretaría).

11. Gastos de anuncios: adxudicatario.

Guntín de Pallares, 25 de maio de 2000.

Jesús Carreira Ferreiro

Alcalde