Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación dos acordos de apertura e prego de cargos formulados nos expedientes sancionadores C-22/2000 e tres máis incoados ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguense expedientes sancionadores números C-22/2000, C-23/2000, C-24/2000 e 25/2000 contra a empresa Jufer Pin's, S.L. CIF B-24.364.671 (Rpte. Juan Enrique Fernández Pedrera Correa, DNI 46.124.159), por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outu

bro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-los acordos de iniciación e os pregos de cargos, por ser descoñecido o domicilio para practica-la notificación.

Acordo de apertura.

O director xeral de Interior, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais adoptou os seguintes acordos de apertura:

1. Proceder ó arquivo dos expedientes sancionadores C-42/1999, C-43/1999, C-44/1999 e C-41/1999.

2. Reabrir expedientes, incoando novos expedientes sancionadores, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, contra a empresa Jufer Pin's, S.L.

3. Nomear instructora e secretario dos procedementos, respectivamente, a María Silva Costoya e José María Díaz Barús.

4. Confirma-las medidas provisionais de precinto e comiso das máquinas.

Pregos de cargos.

1. Te-la empresa Jufer Pin's, S.L. instaladas máquinas tipo B, chamadas Mini Tómbola de Reloxos, sen placas nin autorizacións nos establecementos que se relacionan:

Nº expediente: C-22/2000.

Establecementos: Bar La Esquina.

Enderezo: r/ Cambre, nº 10-12-Narón.

Nº expediente: C-23/2000.

Establecementos: Bar Los Ángeles.

Enderezo: r/ San Salvador, nº 22-Ferrol.

Nº expediente: C-24/2000.

Establecementos: Bar Chinto.

Enderezo: r/ Fontemoura, nº 10 baixo-Ferrol.

Nº expediente: C-25/2000.

Establecementos: Bar Alvariño.

Enderezo: r/ Sarxento Provisional, nº 14-Narón.

2. Tales feitos poderían constituír unha infracción moi grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

3. De considerarse como moi grave corresponderíalle, segundo o artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, unha multa de 1.000.001 ata 2.000.000 de pesetas, que se poderá elevar ata 10.000.000 de ptas. no caso de reincidencia.

De conformidade co artigo 32.2º da Lei 14/1985, as sancións por infraccións moi graves serán impostas polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O que se lle notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa, así como solicita-lo recibimento da proba de que intente valerse. E de conformidade co artigo 13.1º c) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, poderá recusa-la instructora e secretaria do procedemento, segundo o recollido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Segundo sinala o artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, no suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo para resolver e notifica-lo procedemento é de 6 meses, contado desde o acordo de apertura, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e no suposto do vencemento do prazo sen se ter dictada resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións.

A Coruña, 31 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña