Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador C-1/1999 en materia de espectáculos taurinos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción da Lei 10/1991, do 4 de abril, sobre potestades administrativas en materia de espectáculos taurinos, por non ser posible a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, este resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 26 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: E. Taurinos C-1/1999.

Denunciado: Andrés Zarco Bermejo.

DNI: 01.032.705.

Enderezo: Cadros, nº 56-2º B, Madrid.

Infracción: revenda non autorizada de localidades da feira taurina da Coruña o día 5 de agosto de 1999.

Precepto infrinxido: 15 n) da Lei 10/1991.

Precepto sancionador: 18.1ºa) da Lei 10/1991.

Sanción: caducidade.