Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xuño de 2000 pola que se anuncia a adxudicación de doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se van desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocadas por Orde do 24 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 16 de marzo).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o 19 de maio de 2000 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 53, do 16 de marzo de 2000, e de conformidade co establecido na base terceira da referida orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será a recollida no anexo que se acompaña, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación do DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Política Lingüística

ANEXO

Nome e apelidosProcedenciaEstadíaImporte/ptas.

Leonardo PonciaRoma1/6 a 31/12100.000
Emiliano BrunoPerugia15/7 a 21/12100.000
Susana González LópezMadrid1/7 a 31/885.000
Irene Aragón GonzálezMadrid1/10 a 31/1285.000
Ricardo Rodríguez Yáñez Salamanca1/7 a 31/1285.000
Mª José Alaya DacalPaís Vasco1/7 a 30/985.000
Nathalie GrischkatTrier1/10 a 31/12100.000
Catuxa López PatoTrier1/10 a 31/12100.000
Katarzyna SkowroñskaPolonia1/7 a 31/8120.000
Zulema Aguirre AbellaLa Habana1/7 a 31/12120.000
Mª Socorro OliveiraFortaleza1/7 a 31/12120.000
Valeria Gil CondeSalvador de Bahía1/7 a 30/9120.000